Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O sábado 28 celébrase en Pontevedra o primeiro Wikimaratón do Audiovisual
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O sábado 28 celébrase en Pontevedra o primeiro Wikimaratón do Audiovisual

Redacción
Publicado: 24/11/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Exterior da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedr
Exterior da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedr
O vindeiro sábado día 28 de novembro vaise celebrar en Pontevedra o primeiro Wikimaratón do Audiovisual. A cita, promovida pola Academia Galega do Audiovisual e a Galipedia, achégase cun obradoiro de introdución á edición da Wikipedia e, tamén, de traballo para mellorar artigos ligados ao audiovisual. Segundo informa a organización, a xornada está aberta a todos os interesados en iniciarse na colaboración co proxecto da wikipedia galega, a Galipedia, e será “unha boa oportunidade” para achegármonos a este acubillo de coñecemento da man de varios dos seus administradores.
Segundo engaden os responsables da Academia Galega do Audiovisual e máis da Galipedia, “un wikimaratón é unha reunión (presencial e virtual) convocada para editar e mellorar colectivamente os contidos da Wikipedia sobre un tema ou unha serie de artigos relacionados con ela”. Decote, apuntan, adoitan estar promovidos por unha institución educativa ou cultural -neste caso a Academia Galega do Audiovisual- e buscan ademais visualizar a comunidade da dita enciclopedia en liña, favorecer o contacto entre os seus membros e facilitar a incorporación a ela de novas persoas. “Por iso é frecuente que incorporen unha sesión introdutoria á edición básica, así como actividades divulgativas”, engaden os organizadores.
Esta actividade terá lugar o 28 de novembro de 2015 na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra, situada no Campus da Xunqueira. Comezará ás 10:00 e vaise desenvolver durante toda a mañá. Para poder tirarlle todo o partido ao Wikimaratón o ideal é asistir de maneira presencial. “Así”, explican os organizadores, “amais de editar, é posible coñecer a outros wikipedistas, intercambiar experiencias e dar visibilidade ao proxecto”.
Programa de actividades
10:00-10:30 Benvida e presentación da xornada.
10:30-11:00 Que é a Galipedia? Filosofía, principios, organización, comunidade.
11:00-11:30 Como se edita a Galipedia? Introdución á edición co Editor visual.
11:30-11:50 Pausa para o café.
11:50-12:00 Repaso de obxectivos de edición e distribución de tarefas.
12:00-13:45 Edición dos artigos.
13:45-14:00 Revisión do traballo realizado e planificación do traballo restante.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?