Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Telefónica I+D estrea o primeiro vestido intelixente que repara nas nosas emocións
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Telefónica I+D estrea o primeiro vestido intelixente que repara nas nosas emocións

Redacción
Publicado: 24/11/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

telefonica-enviroment-dress-wearable-2.jpgEsta semana presentábase no Centro de Barcelona de Telefónica I+D (a empresa de investigación, desenvolvemento e innovación do Grupo Telefónica) o primeiro prototipo de vestido intelixente, o Environment Dress, que captura información sobre elementos da contorna e analiza como afectan á conduta e emocións das persoas. Mediante a recollida de datos sobre a temperatura, as radiacións infravermellas ou ultravioletas, o monóxido de carbono ou o ruído, entre outros, o Environment Dress determina a que parámetros ambientais está sometido o usuario e alértalle da elevada presenza de axentes externos.
O Environment Dress xa recolle estes datos e prevese que axiña se xeolocalizen e compartan cos usuarios a través de internet para que sexan accesibles de xeito global. Os creadores tamén están a traballar nunha aplicación móbil encamiñada aos portadores do vestido para xestionar e personalizar os seus parámetros (luces, sistema de alarmas, etc.). Asemade, o vestido tamén traballa para o usuario, pois poderá indicar como se sente en cada intre e a través do denominado machine learning o vestido irá aprendendo das medicións que realiza e asociaraas cos estados de ánimo e emocións do usuario. Isto implica que nun futuro poderá predicir certos estados de ánimo e asocialos con cambios que se producen na contorna (máis ruído, variación de presión atmosférica…).
Cómpre subliñar que o wearable, creado con hardware e software aberto, é o proxecto gañador do Next Things 2015- Conduta, o Cuarto Desafío Global de Arte e Tecnoloxía impulsado por Telefónica I+D e LABoral Centro de Arte e Creación Industrial (plataforma aberta de investigación, produción, difusión e interpretación das formas culturais, que xorden do uso creativo das novas tecnoloxías) para potenciar a interacción entre arte, creatividade e tecnoloxía. A proposta foi premiada por axuntar arte, moda e estilismo- con tecnoloxía sensorización da contorna-, así como pola innovación que supón no eido da Internet das Cousas.
E quen está detrás do vestido intelixente? Os creadores María Castellanos e Alberto Valverde, artistas e investigadores da Universidade de Vigo, desenvolvérono durante seis meses en Xixón e Barcelona.
O prototipo final estará dispoñible a partir de xaneiro de 2016, intre no que tamén se publicarán as instrucións para a fabricación do Environment Dress na páxina web do proxecto para que os usuarios poidan crear os seus propios traxes. Para os máis interesados, un prototipo do vestido pode verse na exposición Materia prima. Experimentos en arte dixital e ciencia, que actualmente se amosa en LABoral Centro de Arte e Creación Industrial (Xixón).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?