Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CITIC achega tecnoloxía (ToVIAS) para simplificar e rendibilizar os máis complexos proxectos de enxeñaría
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CITIC achega tecnoloxía (ToVIAS) para simplificar e rendibilizar os máis complexos proxectos de enxeñaría

Redacción
Publicado: 25/11/2015
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

citic_coruna-2.jpgHai uns meses avanzabamos dende Código Cero as claves dun dos proxectos con máis proxección do Centro de Investigación TIC (CITIC). Trátase de ToVIAS (acrónimo de Topographic Visualization, Interaction and Analysis System), un proxecto de I+D+i financiado polo Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) e fondos FEDER, que trata de xerar o coñecemento e as ferramentas precisas para traballar con datos topográficos 3D, extraidos con escáner láser, e aplicados ao eido da enxeñaría. O principal obxectivo de ToVIAS é crear unha ferramenta na que os datos masivos de nubes de puntos se integren no sector da enxeñaría, sendo así un alicerce fundamental para que os proxectos máis complexos cheguen a bo porto.
Desta maneira, sinalan fontes do CITIC, “poderán ofrecerse servizos máis fiables, completos e complexos”, a un custo menor, incrementando enormemente a produtividade. Estas condicións, engade o centro emprazado no Campus de Elviña (A Coruña) “repercutirán positivamente en proxectos de enxeñaría civil, do sector forestal, do sector da enxeñería industrial ou de patrimonio e edificación”.
Dentro dos obxectivos específicos de ToVIAS atópanse, entre outros, o de desenvolver unha metodoloxía estándar para a “captura da realidade” en proxectos de enxeñería con tecnoloxía LIDAR terrestre e fomentar novas liñas de negocio que aumenten a produtividade e a competitividade no ámbito nacional e internacional. Unha misión (a de facer doado o complexo en proxectos de enxeñaría) que a día de hoxe está moi próxima á realidade, engade o CITIC, que lembra que a tecnoloxía que este proxecto aplica comeza a evidenciar a súa materialización no ámbito empresarial. Segundo nos conta un dos investigadores do proxecto, Omar Álvarez, “aínda que non comezou a comercializarse, hai unha iniciativa empresarial en fase de madurez que emprega a tecnoloxía de ToVIAS no desenvolvemento da súa actividade”.
tovias_citic_grafica-2.jpgA formación académica tamén manifestou o seu interese na innovación que achega este proxecto, eixo central dunha tese doutoral en fase de desenvolvemento, e a súa evolución cara a novas aplicacións e tecnoloxías ponse de manifesto grazas a novas liñas de traballo: “Estamos a traballar na aplicación da visualización de nubes de puntos no ámbito da realidade aumentada. ToVIAS non é un proxecto pechado, ofrece moitas oportunidades de evolución”, sinala Omar Álvarez.
ToVIAS é un claro exemplo da contribución en termos de eficiencia e eficacia que os proxectos de investigación desenvolvidos no CITIC teñen sobre produtos e servizos de entidades de diversa índole e actividade.
O desenvolvemento de ToVIAS fundaméntase na Topografía, no Deseño Asistido por Computador (CAD), nos Sistemas de Información Xeográfica (GIS), na Fotogrametría Terrestre e no LIDAR. E, como é habitual, detrás dun proxecto de tal envergadura atópase un grupo de investigación do CITIC, neste caso o grupo RNASA, acrónimo de Redes de Neuronas Artificiais e Sistemas Adaptativos. Juan R. Rabuñal Dopico, un dous investigadores principais do grupo, encargado do desenvolvemento software de ToVIAS, sinala que “unha das principais vantaxes competitivas de ToVIAS é a súa capacidade para visualizar os datos dunha maneira practicamente instantánea, grazas ao algoritmo novo sobre o que se traballa”.
Presenza no Info Day H2020 sobre Seguridade, Mobilidade e Transporte
O sector do transporte é unha oportunidade troncal para o desenvolvemento de novas utilidades e aplicacións da tecnoloxía deste proxecto, sobre mapas e sistemas de xeolocalización. En liña con este e outros obxectivos estratéxicos, o CITIC reforza a súa actividade e colaboración en diversos encontros nacionais e internacionais, co fin de establecer alianzas e sinerxías para os proxectos en curso e desenvolver novas liñas de traballo. A sede do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e Industrial (CDTI) en Madrid acolleu o martes 11 de Novembro o Info Day Transporte intelixente, ecolóxico e integrado, no que se analizaron tanto os resultados de convocatorias de H2020 nos anos 2014 e 2015 como os plans de futuro para os vindeiros anos 2016 e 2017. En concreto, na xornada aprobouse a convocatoria The Port Of The Future, enmarcada no Work Packet de Transporte. O CITIC estivo presente neste encontro, de gran interese para a entidade especialmente en todo o relacionado co ámbito smart aplicado a contornas portuarias, e máis tendo en conta a colaboración empresarial que o CITIC está a desenvolver no proxecto SMARTPORT da Coruña. Asemade, os representantes do centro tiveron ocasión de intercambiar sinerxías co equipo de a DG Research & Innovation – European Commission.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?