Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Pechou en Santiago o programa de creación de industriais culturais e innovadoras con 16 novas firmas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Pechou en Santiago o programa de creación de industriais culturais e innovadoras con 16 novas firmas

Redacción
Publicado: 25/11/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

alumnado_camara_comercio_santiago_empresas.jpgA Cámara de Comercio de Santiago de Compostela e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia clausuraron este xoves o seu programa conxunto para impulsar a posta en marcha de industrias culturais e creativas, amais de axudar ao seu afianzamento no mercado. O programa, que foi de balde e contou co pulo da Fundación INCYDE, impartiuse para un total de 16 alumnas e alumnos na incubadora empresarial de Costa Vella do 13 de outubro ao 13 de novembro. A iniciativa, en palabras dos seus responsables, dirixiuse “a vestir “as ideas empresariais relacionadas coas artes, teatro, música, danza, os sectores audiovisual e editorial, e tamén as actividades vinculadas ás novas tecnoloxías e ao deseño”.
Os participantes, segundo se fixo saber no acto de clausura, adquiriron coñecementos para crear unha empresa cultural “cun enfoque creativo e novos modelos eficientes de financiamento e xestión destinados a actualizar os procesos de produción, distribución, exhibición e difusión dos produtos culturais”. Asemade, informouse que o programa comezou a funcionar en 2010 para dar formación (ata a data) a 1.055 persoas. Coa iniciativa rematada, ofreceu aos participantes o apoio e asesoramento telefónico de INCYDE para os vindeiros meses para consultar as dificultades que poidan xurdir no proceso de creación da empresa. Ademais, lembrouse que un grupo de consultores fará seguimento dos proxectos impulsados durante os vindeiros seis meses. Tamén se fixo saber que INCYDE abrirá axiña unha canle na súa web para dar visibilidade ás empresas culturais de nova creación con vídeos de promoción de tres minutos.
O programa, dirixido a empresarios e responsables de pequenas empresas culturais e creativas, desenvolveu contidos sobre administración da empresa cultural, mercadotecnia e comercialización, prevención de riscos laborais, calidade medioambiental e igualdade de oportunidade, xestión financeira e económica e novas tecnoloxías da información e ferramentas informáticas. O programa, coordinado pola técnica de INCYDE Ana Velasco, contou coa participación de dezaseis proxectos, trece para converter a súa idea nunha empresa de creación cultural e tres para consolidación empresarial.
Entre os emprendedores que participaron no programa atopábase Diego Freire, responsable da compañía teatral Producións Dispersas, e máis a editora Alicia Romero, impulsora de Enxebre Books, creada en 2012 para publicar libros de ficción, en formato papel e electrónico, de autores noveis. Segundo fixo saber Romero no acto, co obxectivo de mellorar a rendibilidade da empresa acometerá en datas vindeiras a renovación da web de seu, ademais de crear un espazo de libraría e arranxar o problema do custe da distribución “con solucións comerciais propias”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?