Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Empresas e entidades daranse cita en Santiago para amosar que poden facer as TIC para envellecermos mellor
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Empresas e entidades daranse cita en Santiago para amosar que poden facer as TIC para envellecermos mellor

Redacción
Publicado: 26/11/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

xornada_cluster_saude.jpgEste luns 30 de novembro vaise falar en Santiago de cousas que pode facer o noso tecido de produción tecnolóxica (centros tecnolóxicos, empresas, entidades, profesionais por conta propia) para incrementar e mellorar os coidados, a saúde e a calidade de vida dos nosos maiores. Falamos da terceira edición da Xornada Inno Active Ageing sobre envellecemento activo e vida saudable. A cita é no Edificio Roberto Novoa Santos do Hospital Universitario. En palabras dos organizadores (o Clúster Saúde de Galicia), a xuntanza servirá entre outras cousas para “estudar da clusterización empresarial como motor de desenvolvemento en investigación e empresas, contando con expertos nas diferentes materias”. Intervirán, entre outros, os responsables de NasasBiotech, NeuroAtHome e o SERGAS (este último falando de fogar dixital e eSaúde).
Máis en detalle, o obxectivo da xornada é crear un espazo de encontro entre profesionais de distintos ámbitos ligados á saúde con interese empresarial en abordar o proceso de envellecemento da poboación. Supón, engade o Clúster, “unha aposta pola identificación de oportunidades a partir da realidade demográfica en Galicia e o resto de Europa, que é o progresivo envellecemento da poboación”.
A xornada, que contará coa presenza do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, estará estruturada en dúas mesas de traballo, un panel de casos de éxito e a parte final estará dedicada á presentación do ecosistema de saúde de Galicia.
Ambas as mesas plenarias de traballo estarán adicadas á Clusterización empresarial como instrumento e motor de desenvolvemento económico, a primeira delas ao caso de éxito Medicon Valley Center da rexión de Skane (Suecia) e contará coa presenza de Maria Ahrén, business development manager life science in invest de Skane. A segunda tratará sobre o Indescat, o Clúster Catalán de Deportes, do que falará o seu xerente, Xavi Esteve.
Respecto da organización da xuntanza, sinalar que o Clúster da Saúde de Galicia é unha asociación que reúne a empresas desde setembro de 2011, “co obxectivo de dinamizar o tecido empresarial galego, contribuíndo ao desenvolvemento económico e social da comunidade autónoma, a través da cooperación entre todas as institucións e empresas públicas e privadas relacionadas coa saúde e a sanidade”. Conta con 33 socios, entre os que se atopa un importante elenco de firmas tecnolóxico-dixitais como Coremain; Bahia Software; Balidea C&P; Biofabri; CONGALSA; CyE, Control e Estidios; Idom, EGFarma; Everis; Feiraco; Ferrovial; FEGAS; Fundación Xenómica; Galaria; Health In Code; Hewlett Packard; Indra; Hospital San Rafael; Oximesa; Pescanova Alimentación; Pharma Mar; Queres Tecnoloxías; Severiano Servizo Móbil; SIVSA; Siho; SolidQ; Plexus; Telefónica, as tres universidades galegas e dous centros tecnolóxicos: Gradiant e ANFACO.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?