Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Abanca equipará as súas novas oficinas con tabletas, pantallas interactivas e Wi-Fi
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Abanca equipará as súas novas oficinas con tabletas, pantallas interactivas e Wi-Fi

Redacción
Publicado: 27/11/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

abanca_nova_oficina.jpgAbanca presentou onte na Coruña o seu novo modelo de oficina, unha aposta polo “tecnolóxico e pola eficacia do servizo”, en palabras da entidade galega, cuxo vicepresidente, Juan Carlos Escotet, explicou que estamos ante “un proxecto estratéxico á altura das grandes transformacións que experimentou o banco dende a súa creación”. Na posta en longo da oficina piloto fíxose saber, tamén, que o novo concepto de sucursal estenderase de maneira progresiva a toda a rede comercial de Abanca. Entre as incorporacións tecnolóxicas cómpre salientar un dispositivo xestor de benvida e tabletas para facilitar a interacción co cliente.
Dende o punto de vista físico e visual, as dependencias caracterízanse polos seus espazos abertos e sen barreiras, “cun forte compoñente tecnolóxico e de imaxe”. Disporán de dúas grandes zonas diferenciadas en función do servizo que se preste ao cliente: a zona transaccional (adicada á benvida e á realización de xestións de efectivo) e a zona de asesoramento (con postos de atención personalizada e salas de reunións).
abanca_nova_oficina2.jpgComo dixemos, a nova oficina da entidade financeira galega está dotada con equipamento e funcionalidades tecnolóxicas “de última xeración”. Ademais do xestor de benvida, outro dos elementos tecnolóxicos diferenciais do novo modelo de oficina son as tabletas Microsoft Surface, dispositivos de traballo con funcionalidade de PC que permiten atender o cliente en calquera zona da sucursal. O espazo dispón tamén de infraestrutura Wi-Fi que se dirixe “a facilitar a mobilidade dos empregados e ofrece ao cliente a posibilidade de conectarse a Internet gratuitamente mentres está na oficina, así como de pantallas interactivas”, sinalaron os responsables do banco na presentación da sucursal piloto, salientando tamén os elementos de vídeo incluídos, que “teñen un papel relevante no novo modelo de oficina de Abanca”. Así, as novas sucursais estarán dotadas cun videowall e cubos transparentes, “unhas pantallas innovadoras que permiten combinar unha proxección de vídeo cun obxecto real”, engadiuse.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?