Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ferrol amosa o miolo dos blogs de viaxes aos seus profesionais do turismo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ferrol amosa o miolo dos blogs de viaxes aos seus profesionais do turismo

Redacción
Publicado: 27/11/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ferrol_blogs_turismo_marketing.jpg Activar o turismo dunha zona pode ser tarefa complicada, mais á hora de facelo hai que empregar todas as ferramentas posibles, sen esquecer a vantaxe que achegan as novas tecnoloxías de cara a amosar o encanto dun lugar mediante a xanela na que se pode converter un blog. O Concello de Ferrol, en colaboración coa Deputación da Coruña, vén de reparar nesta posibilidade e en como poden beneficiar os blogs aos profesionais e emprendedores do eido turístico do espazo Rías Altas-Ferrolterra. Para botarlles unha man neste senso, onte e hoxe desenvolvéronse máis sesións do programa Ferrol Turismo Marketing.
E indo á xornada de onte, dicir que os asistentes puideron coñecer todos os aspectos a ter en conta na creación dun blog de viaxes, co que se pretende que os coñecementos que poidan adquirir redunden nunha mellora da difusión exterior da comarca. Na actividade formativa tratáronse temas como: a valoración das razóns polas cales se crea un caderno en liña (afianzar e espallar marca ou compartir experiencias), os tipos de contidos que poden interesar ao lector, o nome do blog, o emprego dunha comunicación próxima e clara, a estratexia de contidos sobre as redes sociais de difusión, a frecuencia das publicacións e os temas que se van abranguer.
O obradoiro do xoves foi impartido por Sabela Montero Muñoz, en horario de mañá e tarde, no Hotel Almirante. Sabela Montero forma parte da Asociación galega de blogueiros e é responsable do blog Viaxando, imaxes e sensacións.
Cómpre informar que o foro Ferrol Turismo Marketing conclúe hoxe, co obradoiro Iniciación á estratexia en redes sociais, de 17:00 a 21:00 horas. Terá, como os realizados ata o de agora, carácter gratuíto. Os interesados poden anotarse enviando un correo electrónico ao enderezo: turismo@ferrol.es.
En canto á actividade formativa de hoxe, subliñar que será impartida por Natalia Zapatero, con 20 anos de experiencia no sector turístico, 13 deles promocionando destinos e empresas turísticas en Estados Unidos. No 2006 iniciou o seu propio proxecto fusionando a súa paixón por viaxar co marketing e o deseño, dando vida ao Grupo Turiskopio, unha empresa de consultoría especializada na industria do turismo.
Os obxectivos do obradoiro deste venres 27 de novembro, que combinarán teoría con obradoiros prácticos, terán como fundamento: o coñecemento dos beneficios da comunicación en liña corporativa para transmitir unha imaxe empresarial positiva, a identificación das diferentes estratexias posibles na procura de oportunidades de negocio en mercadotecnia ligada ás redes sociais, o uso das ferramentas comunicativas básicas, das principais redes sociais e aplicacións, e a presentación de casos de estudo de boas prácticas en Social Media Marketing.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?