Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Fernando Suárez repite á fronte dun equipo de goberno do CPEIG sen grandes renovacións
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Fernando Suárez repite á fronte dun equipo de goberno do CPEIG sen grandes renovacións

Redacción
Publicado: 30/11/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

cpeig_fernando_suarez-4.jpgO Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) vén de referendar a equipa directiva liderada por Fernando Suárez nos procesos electorais internos que se desenvolveron os días pasados e resolvéronse finalmente este sábado. Segundo fan saber fontes da entidade, Fernando Suárez Lorenzo resultou reelixido como presidente. Ademais, a nova xunta de goberno do colexio ficou na súa meirande parte do mesmo xeito que no anterior período (aínda que hai remuda no vicesecretario, no tesoureiro, na vicetesoureira e nos vogais). Deuse a circunstancia de que a candidatura do equipo de Fernando Suárez foi a única que se presentou á renovación da xunta de goberno. Resultou reelixida por aclamación.
A composición da directiva ficaría do seguinte xeito: como presidente, Fernando Suárez Lorenzo; Juan Otero Pombo, vicepresidente; Juan José González Cid, secretario; Roberto Vieito Raña, vicesecretario; Francisco Javier Rodríguez Martínez, tesoureiro; Lorena Otero Cerdeira, vicetesoureira; Francisco Javier García Tobío, vogal 1; María Pilar Vila Avendaño, vogal 2; José Manuel Vázquez Naya, vogal 3; e Iván Luis Vázquez, vogal 4.
foto_xg.jpgSegundo fixo saber o novo equipo, este comprométese a proseguir coas iniciativas “de carácter social do colexio”, como a formación e a concienciación a menores e colectivos desfavorecidos, así como a seguir na liña de achegamento e colaboración coas administracións. Do mesmo xeito, engadiu a nova directiva, fomentarase a participación das persoas colexiadas nas comisións “a prol dunha maior contribución ao devir do CPEIG”. Tamén se vai facer fincapé en achegar o colexio ás cámaras de comercio e intensificar a oferta de formación. Polo que atinxe ao labor de defensa da profesión que representa na nosa terra e alén dela, a nova directiva anunciou que continuará “cos labores de recoñecemento da Enxeñaría e Informática”, cometido que pasa pola súa regulación, “situándoa ao nivel do resto de enxeñarías”. Deste xeito, explica o equipo de Fernando Suárez, “potenciarase a implicación nos órganos de decisión nacional como é a participación na Xunta de Goberno do Consello Xeral de Colexios de Enxeñaría en Informática de España (CCII nas súas siglas en castelán), así como a potenciación da colexiación”.
Máis en detalle, a campaña de busca de novos membros incidirá nos enxeñeiros maiores de 40 anos de idade, un colectivo que en palabras do CPEIG, “adoita estar traballando en postos de responsabilidade, con familia e pouco tempo libre”. O colexio comprometeuse a fornecerlles servizos e conferencias de fin de semana, tanto como relatores como no papel de público.

Fernando Suárez Lorenzo

Nado en Ferrol en 1973, é enxeñeiro en Informática pola UDC. A día de hoxe, como lembraremos, é responsable de Innovación no Concello de Santiago de Compostela. Primeiro presidente do CPEIG, tamén é vicepresidente primeiro do Consello Xeral de Colexios de Enxeñaría en Informática de España. Ademais, é director do Curso Superior de Administración Electrónica da EGAP e profesor do Máster Universitario de Sociedade da Información e do Coñecemento da USC. Tamén é membro das comisións redactoras dos estudos de Enxeñaría en Informática nas tres universidades galegas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?