Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As nosas empresas locen potencial innovador a prol do envellecemento activo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As nosas empresas locen potencial innovador a prol do envellecemento activo

Redacción
Publicado: 01/12/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

cvd_ohuwuaaxx3k.jpgO Clúster da Saúde de Galicia celebrou onte unha xornada destinada a amosar e impulsar novos xeitos de favorecer unha vida saudable para os nosos maiores (envellecemento activo). O encontro Inno Active Ageing (terceira edición) desenvolveuse nas instalacións da Fundación Ramón Domínguez, no Complexo Hospitalario de Santiago (CHUS). Como lembraremos, o Clúster da Saúde ten entre os seus membros un importante feixe de empresas tecnolóxico-dixitais (Bahía Software, Balidea, Coremain, Everis, HP, Queres, SIVSA, Telefónica, Plexus, T-System, entre outras moitas). Tamén conta co apoio do centro tecnolóxico Gradiant, amais de CETIM e ANFACO. Segundo recordan, o obxectivo da xornada foi o de xuntar profesionais de diferentes ámbitos pero co nexo común do binomio saúde e innovación. E, tamén, co interese compartido de fortalecer a nosa industria con vistas a dar resposta a unha situación que vai a máis, especialmente en contornas coma a galega, falamos do proceso actual de envellecemento demográfico.
A xornada foi inaugurada polo conselleiro de Sanidade Jesús Vázquez Almuíña,quen sinalou que é “imprescindible” incluír o factor innovación nos servizos sanitarios, que precisan cada vez máis da incorporación de novas tecnoloxías que os impulsen, os melloren e os fagan máis rendibles, áxiles e sustentables. Tamén participou na apertura do encontro a presidenta do Clúster, María Gómez. Tralo acto de inauguración, desenvolvéronse dúas mesas plenarias. A primeira delas foi Clusterización empresarial como instrumento e motor de desenvolvemento económico na Rexión de Skane. Caso: Medicon Valley Center. Este relatorio veu da man de Maria Arhén, directora de Desenvolvemento de Negocio de Life Science no organismo Invest in Skane, en Suecia. A segunda sesión centrouse no caso INDESCAT (Cluster do Deporte de Catalunya). Ambas as intervencións focalizáronse nas claves destas contornas xeográficas concretas (Suecia e Catalunya) para acadar un proceso de clusterización de éxito, “xerando riqueza nas súas contornas”.
O resto da xornada completouse cun panel de casos de éxito en innovación e internacionalización cos exemplos das empresas Neuroathome, NasasBiotec e o proxecto Fogar Dixital. No primeiro caso, amosouse o funcionamento da plataforma Neuroathome que logra a motivación dos pacientes e completar os seus procesos de rehabilitación mediante técnicas de gamificación (procesos de adestramento e motivación inspirados polas características dos videoxogos). No segundo caso, NasasBiotec, trátase de unha empresa xurdida ao abeiro da USC (unha spin-off da Universidade de Santiago), que desenvolveu un sistema para interferir na diseminación das células tumorais circulantes, responsables das metástases, e que permite combatela. E no terceiro caso, o proxecto Fogar Dixital (SERGAS), fíxose saber que consiste nunha vivenda con infraestrutura, equipamentos e servizos que permite mellorar a autonomía e a calidade de vida da cidadanía en xeral e en particular das persoas con algún tipo de dependencia, como por exemplo o colectivo da terceira idade.
Para rematar expuxéronse na xornada os detalles da iniciativa Ecosistema de Saúde de Galicia, cuxo obxectivo é aumentar a competitividade empresarial e o afianzamento en novos mercados noso sector sanitario. Esta iniciativa vén da man do Clúster en colaboración con Sanidade, a Axencia Galega de Innovación e a rede internacional ECHALLiance.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?