Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ferrol favoreceu a inclusión social pola vía da alfabetización TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ferrol favoreceu a inclusión social pola vía da alfabetización TIC

Redacción
Publicado: 02/12/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

ferrol_alfabetizacion.jpgO Concello de Ferrol vén de entregar os certificados de alfabetización dixital aos participantes nun recente curso TIC incluído no programa Sumemos inclusións, iniciativa dirixida a beneficiarios da RISGA (Renta de Integración Social de Galicia) e encamiñada a fomentar a inclusión social na contorna ferrolá. A encargada de entregar as acreditacións foi a concelleira de Benestar Social, Beatriz Sestayo, quen fixo saber que o obxectivo do programa é poñer o punto de mira “en colectivos illados e decepcionados ante a actual situación”, marcada pola falla de oportunidades laborais. Polo tanto, búscase achegarlles estímulos formativos e grupais que animen á busca activa de emprego e que permitan o proceso de procura nas mellores condicións.
Ao abeiro de Sumemos inclusión desenvolveuse en setembro, entre os días 1 e 18, o devandito curso de alfabetización dixital, que tivo unha duración de 40 horas en horario de mañá e que foi realizado por 10 persoas perceptoras de RIGSA. Os contidos desta acción formativa xiraron en torno a coñecementos do sistema operativo Windows 8, Microsoft Word 2013 e sobre a busca de emprego por Internet, “co fin de favorecer este aprendizaxe tan necesaria na sociedade actual, como ferramenta útil para o manexo de información, de busca activa de emprego e como medio de comunicación”, fixo saber o Concello de Ferrol, que tamén lembrou que a actuación está co-financiada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER/Fondo Social Europeo (FSE), no marco do Programa Operativo FEDER/FSE de Galicia 2007-2013, Eixe 2 e tema prioritario 71, cunha taxa de cofinanciamento do 80%.
O programa Sumemos inclusión está dirixido en total a 30 persoas en risco de exclusión social. Trátase de proporcionar un servizo que fomente a participación e inserción daquelas persoas “con maiores dificultades sociais” fornecendo “unha estrutura de apoio cara a lograr unha vinculación positiva entre quen participa e os servizos sociais”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?