Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un cento de empresas do sector teleco xúntanse no Encontro Unify da man da galega Telenets
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Un cento de empresas do sector teleco xúntanse no Encontro Unify da man da galega Telenets

Redacción
Publicado: 02/12/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

circuit-calem-fb-187.jpgRecentemente celebrouse nas Adegas Cálem de Vilanova de Gaia (Portugal) un encontro de empresas cos denominadores comúns de seren do sector das telecomunicacións e colaboradoras de Unify, a compañía internacional de software e negocios na nube. Na xuntanza (terceira edición do Encontro Unify Spain) houbo presenza galega. Máis polo miúdo a da empresa Telenets, con sede oficial en Mos e exercendo de patrocinadora principal da reunión de Vilanova. No transcurso da xuntanza Unify aproveitou para presentar un novo proxecto que, nas súas palabras, “será unha revolución no mundo da comunicación e axudará ás empresas a levar unha mellor e máis sinxela xestión no seu día a día”. O nome do devandito proxecto é Circuit. O evento xuntou máis de 100 empresas do sector das telecomunicacións da Península.
Segundo nos contan dende Telenets, o prato forte da xornada celebrada nas Adegas Cálem foi un máis que interesante conxunto de novidades tecnolóxicas (servizo, soporte técnico) e de oportunidades para o negocio e a formación de calidade. O evento contou coa presenza de Nicolás Aguado, director e xestor de Canle España e Portugal de Unify Spain (quen confirmou ter “o potencial e recursos precisos para adaptarse e mesmo para ir por diante da tecnoloxía que esixe a sociedade actual”) e de Thomas Veit, vicepresidente de Canles Unify para EMEAR (Europa, Medio Oriente, África e Rusia), que compartiu cos presentes a arela de facer da marca Unify “un referente no mercado da telecomunicación”, apoiándose para iso en estratexias de mercadotecnia tradicional e en liña, co obxectivo de incrementar a súa presenza e xerar maior visibilidade de marca. Aproveitou tamén para reiterar o apoio da compañía cara a todos os socios e distribuidores.
circuit-calem-fb-169.jpgTelenets, principal organizador do evento, destacou “o soporte e crecemento constante que ofrece aos seus partners e clientes”, apostando pola formación de calidade, que avala a compañía galega como único centro oficial de formación Unify en España, contando ademais co Certificado Pearson Veu.
A sobremesa da xuntanza chegou coa posta en longo de Circuit por parte de Unify, en palabras da compañía “un sistema de comunicación á vangarda da mensaxería instantánea que integra voz, vídeo e datos, e que está pensado de xeito específico para a xeración dos millennials, que demandan axilidade, produtividade, eficiencia, accesibilidade e profesionalidade para comunicacións”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
huawei_1025317153-2172920907-1542614188427.jpg
Actualidade

Condena xudicial a Huawei nos EE.UU.

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?