Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Asociación Socio-Pedagóxica Galega xa dispón de tenda na Rede
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Asociación Socio-Pedagóxica Galega xa dispón de tenda na Rede

Redacción
Publicado: 03/12/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

as_tenda_en_lina.jpgCon máis de trinta anos de actividade a prol da renovación da docencia na nosa terra, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), vén de estrear tenda en liña. A entidade, que tamén é asociación cultural, xa achegaba produtos dixitais, pero agora terá tamén a disposición de calquera interesado tanto produtos físicos (libros, discos, vídeo) como produtos en formato dixital, especialmente os formatos epub. Deste xeito, a tenda da AS-PG ofrece unha interface web especialmente deseñada para se adaptar a todo tipo de dispositivos (computadores, smartphones ou tabletas).
O seu catálogo dispón xa dunha ampla escolma de libros, en papel e dixitais (ebooks), discos, musicais e de vídeo, de distintos xéneros, para todos os públicos e idades. Segundo fontes da propia Asociación está tenda está moi ligada á próxima aparición (tamén en formato dixital) da Historia da Literatura Galega, publicada hai xa tempo en fascículos e completamente esgotada, sendo intención da AS-PG publicar en formato ebook boa parte da literatura galega.
Para a lectura dos ebooks, a tenda da AS-PG incorpora un avanzado lector na nube integrado que permite o acceso inmediato á lectura sen necesidade de descargar nada nin instalar ningún programa adicional. Este lector achega as funcionalidades máis características das aplicacións de lectura, como o axuste das preferencias de usuario (tamaño da fonte, cores, interliñado…) ou o mantemento do estado de avance en cada libro, que ademais se sincroniza de maneira automática entre os distintos dispositivos dende os que un usuario ou usuaria accede á lectura.
Cómpre subliñar que o dito lector ofrece tamén a posibilidade de almacenar internamente os libros dixitais para continuar coa súa lectura mesmo cando non se dispón de conexión á Rede.
Os socios e socias da AS-PG disporán dun código persoal que lles permitirá beneficiarse dunha porcentaxe de desconto directo sobre calquera dos produtos editados pola propia Asociación Socio-Pedagóxica Galega (agás naqueles produtos que xa se atopan cun prezo en promoción).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?