Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A OCU loa as calidades da Surface Pro 4 pero critica o seu elevado prezo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A OCU loa as calidades da Surface Pro 4 pero critica o seu elevado prezo

Redacción
Publicado: 03/12/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

surface_pro_4.jpgA Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) vén de someter a un exhaustivo exame ao portátil convertible Surface Pro 4 de Microsoft, a nova estación de traballo móbil da firma de Redmond. Resumindo, se ben a organización salienta que estamos ante unha tableta máis lixeira có anterior modelo (a Surface Pro 3) e que achega elementos de gran calidade (como por exemplo a pantalla e as dúas cámaras que integra), tamén informa que estamos perante un trebello que se sitúa, no económico, por enriba das posibilidades do usuario común: entre os 999 e os 2.449 euros. A OCU recomenda a quen vaia mercar unha tableta que bote antes un ollo ao comparador de seu (hai 120 modelos e moitos deles a anos luz da nova Surface en materia de prezo).
Segundo informa a organización sobre o novo convertible de Microsoft, o modelo base costa 999 euros e está equipado co procesador Intel m3, 4 GB de RAM e unha memoria interna SSD de 128 GB, “dos que están dispoñibles 118 GB en realidade”. O modelo máis caro, lembra a plataforma de usuarios, inclúe procesador Core i7, 16GB de RAM e 512GB SSD “e pódese adquirir pola elevada cantidade de 2.449 euros”. A OCU tamén recorda que o teclado, necesario para converter a tableta nun portátil, véndese de forma opcional por 149,99 euros.
A xeito de valoración final a organización sinala que “a nova Surface Pro é unha boa tableta aínda que o seu prezo é bastante elevado”. Iso si, engade, a súa pantalla é “de excelente calidade” e percíbese “unha notable melloría” con respecto ao modelo anterior, a Surface Pro 3, sobre todo en exteriores con boa iluminación. Tamén mellora en relación á memoria interna, “aspecto no que sen dúbida influíu o cambio de Windows 8.1 Pro a Windows 10 Pro”, engádese.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?