Hai preto de 3 anos unha aplicación para iOS chegou coa intención de revolucionar o xeito de empregar o correo electrónico no móbil, de xeito que mediante sinxelos xestos permitíase arquivar ou borrar as mensaxes recibidas, ofrecendo tamén a posibilidade de que as mensaxes puidesen apartarse da vista para a súa consulta máis adiante, o que transformaba a lectura do e-mail nunha especie de xestor de tarefas, o que resulta moi práctico en certos contornos de traballo. Neste tempo Mailbox non só converteuse nun referente, senón que a propia Google decidiu seguir os seus pasos, e estreou Inbox, que vén a ser o equivalente desa aplicación aplicada a Gmail (con versión tamén para iOS e para Android); pero finalmente a revolucionaria aplicación di adeus, xa que a compañía que a mercou, Dropbox, decidiu aproveitar o talento do seu equipo para mellorar o seu produto principal, de xeito que agora anuncia que Mailbox deixará de estar dispoñible a partires do 26 de febreiro de 2016.
Curiosamente non é o único produto de Dropbox que se vai abandonar, senón que tamén despediranse de Carousel, unha aplicación que buscaba novos xeitos para experimentar e compartir fotografías, e que botará o peche o 31 de marzo, conservando as imaxes en Dropbox, e pasando a concentrar os esforzos na presentación de imaxes na propia aplicación móbil de Dropbox.
Ambos peches poden resultar desagradables para os usuarios de ambas aplicacións, pero informan con tempo para buscar alternativas, e resulta comprensible que a compañía matriz opte por concentrar esforzos no núcleo do seu negocio en vez de dispersar o traballo en proxectos diverxentes.
Dropbox pechará as aplicacións Carousel e Mailbox
Compartir Este Artigo

