Aínda que o Chromecast é un dispositivo para facer streaming de contidos na Rede que só está soportado oficialmente por navegadores web Chrome e aplicacións móbiles para iOS e Android, a compañía francesa Webrox xa achegou esta versátil tecnoloxía que achega contidos da Rede ao televisor a dispositivos con Windows Phone coa aplicación Tubecast, que facilitaba a reprodución de contidos de YouTube, e agora dan un paso máis adiante, e estren Playcast, aplicación universal para Windows 10, que funciona tanto en móbiles como e equipos informáticos, e que permite reproducir e enviar vídeos, música e fotografías ao Chromecast, a Apple TV (mediante AirPlay), a televisores conectados con DLNA, consolas Xbox e moitos outros dispositivos.
Esta nova ferramenta é así unha boa solución para achegar contidos ao televisor do salón dende dispositivos con Windows 10, que tanto reproduce contidos en local como na nube (neste momento funciona con OneDrive, pero incluirá Google Drive e Dropbox nunha actualización), destacando polo feito de poder funcionar en segundo plano (ou sexa, que tras iniciar a reprodución dun vídeo no móbil, o dispositivo pode seguir empregándose para outras tarefas), aínda que, por desgraza, estamos ante unha aplicación que ten un prezo de 3,99 euros (podendo probarse de balde). Promete converterse nunha ferramenta de grande utilidade para usuarios de Windows 10 que desexen presentar contidos no televisor do seu salón sen grandes complicacións.
Playcast fai streaming a Chromecast e Apple TV dende Windows 10
Compartir Este Artigo

