O CES de Las Vegas está a dar comezo con sorpresas como a de nVIDIA, compañía especializada en tarxetas gráficas para equipos informáticos, que deu a coñecer o nVIDIA Drive PX 2, un ordenador de elevada potencia que estaría dirixido á súa integración en vehículos autónomos e que funcionará en combinación con DriveNet, unha plataforma de deep learning que facilitará o recoñecemento de obxectos dun xeito eficiente grazas a que os datos rexistrados compártense con outros vehículos a través da Internet.
O equipo que propón nVIDIA conta con 12 CPU e 4 GPU con refrixeración líquida, que sumarían unha potencial de 8 teraflops, aos que poderían sumarse 24 teraflops de operacións de procesamento profundo, o que sería como levar 150 portátiles MacBook pro no vehículo, deixando claro que a condución autónoma non é un xogo de nenos e supón un importante reto a superar.
O primeiro fabricante en integrar semellante solución de nVIDIA nun vehículo será Volvo, compañía que ten previsto ter 100 coches autónomos funcionando en probas pola cidade de Gothenburg.
nVIDIA presenta un ordenador que servirá de cerebro para coches autónomos
Compartir Este Artigo
