A compañía de seguros Mapfre está a presentar un servizo de balde para os seus clientes que permite botarlles unha man no ámbito da seguridade dixital. A solución de Mapfre, da que xa están a tirar partido arredor dun milleiro de persoas (usuarias do seguro do fogar da compañía), posibilita entre outras cousas a eliminación do noso rastro en Internet: fotos, vídeos e información variada (datas de aniversarios, o centro escolar onde estudamos, teléfonos, correos electrónicos, etc). En palabras da firma, o servizo permite “rematar coa nosa vida dixital”.
Segundo informa a compañía, “en menos de 20 días unha persoa poderá facer desaparecer a súa vida na Rede”. En 2015, este tipo de solicitudes ascendeu a un milleiro de peticións: a cifra de usuarios da devandita solucións, interesados en reforzar a súa protección en liña e, “sobre todo, en evitar o acoso dixital aos menores”, sinalan fontes da compañía, que engade que “en supostos de violencia dixital a nenos e adolescentes, inclúese de balde a posibilidade de emitir unha certificación que poderá ser usada cando se presente unha denuncia”. Asemade, tamén se incorpora de maneira gratuíta a cobertura de localización e o bloqueo de dispositivos móbiles en caso de perda ou roubo e mesmo a posibilidade de bloquear a pantalla ou alertar do roubo aos contactos máis próximos.
Mapfre ofrece de balde borrar as nosas pegadas dixitais
Compartir Este Artigo
