Cando Lenovo fíxose coa produción dos ordenadores de IBM, conservou a súa marca durante uns anos, para progresivamente ir perdendo o seu nome, pero deixando o apelido, ou sexa, que os IBM ThinkPad pasaron a converterse en Lenovo ThinkPad, e agora a mesma xogada parece que vai pasar no sector da telefonía móbil, e a marca Motorola Mobility podería diluírse en breve, de xeito que os terminais baixo a marca Motorola pasarían a formar parte do selo Moto by Lenovo, de xeito que os dispositivos móbiles de alta gama de Lenovo levarían a marca Moto, mentres que os dispositivos económicos acubillaríanse baixo a marca Vibe.
A marca Motorola non desaparecería de todo, pero pasaría a apostarse directamente pola marca Moto, conservando o icónico M con forma de ás de morcego, de xeito que o público apenas percibirá o salto á marca Lenovo como aconteceu no seu día cos ordenadores, aínda que neste caso a xogada parece máis arriscada, xa que Motorola é unha marca consolidada internacionalmente no sector móbil (de feito, é a pioneira da telefonía móbil), mentres que Lenovo resulta practicamente descoñecida en mercados como o europeo.
Lenovo prepara o abandono da marca Motorola
Compartir Este Artigo
