Pese á que as cámaras de acción e a marca GoPro parecen elementos que van sempre da man, a reducida taxa de renovación destes produtos e o xurdimento de numerosos competidores que ofrecen produtos semellantes a prezos reducidos levou a que a compañía non fose capaz de cumprir coas predicións de vendas do cuarto trimestre de 2015, que esperábanse que chegasen aos 512 millóns de dólares, e tivo que conformarse con 435 millóns de dólares, levando á compañía a que tamén anunciase que vai recortar o 7% dos seus 1.500 empregados (o que ocasionará uns custos de reestruturación de 10 millóns de dólares). Estas malas novas tiveron directas consecuencias na cotización bolsista de GoPro, caendo un 28% o valor do fabricante de cámaras.
GoPro xa baixara en decembro o prezo da súa cámara Hero4, o que afectou á caída de ingresos, pero tamén era de agardar que a rebaixa incrementase o número de unidades vendidas, polo que tal medida non parece ter un impacto directo nos resultados económicos da compañía, senón que simplemente o mercado non lle facilita manter a magnífica posición que tiña nos últimos anos, na que a empresa conseguía vender un bo número de cámaras pese ao seu elevado prezo, pero agora que hai cámaras con certa calidade que incluso custan menos da cuarta parte que as de GoPro, o que sitúan á empresa de referencia nunha posición moi complicada que fai que o mercado perda a confianza na mesma.
GoPro vende menos cámaras das previstas
Compartir Este Artigo
