Tras a boa acollida dos primeiros Analytics Days, a compañía coruñesa Improving Metrics organiza para o vindeiro día 4 ás 20:00 horas no Edificio Bca28 na rúa Copérnico 6, andar -1 da Coruña o terceiro Analytics Day, destinado nesta ocasión a afondar na importancia da analítica web, para o que contarán coa presenza de Fátima Andrade (co fundadora de SaborPlace.com), quen centrarase na medición cuantitativa de activos dixitais e aportará exemplos prácticos de implementación coa ferramenta Google Analytics.
Con esta actividade búscase que os asistentes poidan aprender a identificar as accións de marketing que achegan maiores beneficios a un negocio, cales son os datos a medir para a súa mellora e que impacto poden producir as distintas campañas de marketing, entre outros detalles.
Esta actividade é de balde, pero precisa de inscrición previa por limitacións de aforo.
Unha xornada na Coruña afondará na analítica web da man de Fátima Andrade
Compartir Este Artigo
