Para facilitar a comunicación textual a través do móbil, dende hai moito tempo Google facilita en Android o envío de SMS mediante ordes de voz, de xeito que dende a aplicación de Google podemos dicir “Ok Google, enviar mensaje de texto a Fulano que diga” para ditar despois unha mensaxe de texto completa e así poder mandala sen ter que empregar as mans (o que resulta moi cómodo, por exemplo, cando imos ao volante do coche) e agora dan conta dunha actualización desta funcionalidade, que xa non se limita ao envío de SMS, senón que tamén pasa a ser compatible con WhatsApp, Telegram e Hangouts, adaptándose moito mellor ao uso actual das comunicacións móbiles.
Deste xeito, agora podemos dicir “enviar un mensaje de WhatsApp a Fulano que diga” para ditar unha mensaxes que se remitirá por WhatsApp ao contacto indicado, o que agradecerán enormemente moitos usuarios desta aplicación en momentos nos que teñan as mans ocupadas ou cando queiran compor rapidamente unha mensaxe.
A aplicación de Google para Android permite ditar mensaxes de WhatsApp
Compartir Este Artigo
