Mentres Orange presume do éxito das súas probas para conseguir descargas por 4G de ata 500 Mbps, Vodafone realizou unha presentación para anticiparse á celebración do Mobile World Congress de Barcelona na que aseguraron que Vodafone España é o único operador de telecomunicacións que está en condicións de ofrecer velocidades de descarga de ata 600 Mbps en contornos empresariais con 4G (grazas a que conta con 20 MHz na frecuencia TDD), adiantando que en Barcelona realizará a primeira demostración mundial que se aproximará a 1 Gbps de descarga mediante MIMO 8X8 e 256QAM.
En verdade Vodafone ten moitos para inchar o peito ao falar do 4G, xa que o proceso de despregamento actual, qe rematará o 31 de marzo, fará que Vodafone España leve o 4G ao 94% da poboación, dobrado a velocidade de implantación con respecto á do 3G. A compañía tamén está a levar o 4G+ que permiten velocidades de descarga de ata 330 Mbps, aínda que nunhas poucas cidades entre as que se atopa A Coruña é posible acadar velocidades de ata 400 Mbps.
4GFi: mellor capilaridade de rede
Vodafone tamén creou a tecnoloxía 4GFi que permite maximizar o potencial da rede 4G, mediante unha aplicación autónoma e intelixente. Esta aplicación mellora os puntos de acceso convencionais, permitindo a clientes con dispositivos 2G e 3G aumentar a súa velocidade de datos. Tamén mellora a capilaridade da rede onde a cobertura non é homoxénea ou está limitada, por exemplo en cafeterías ou restaurantes.
4GFi ten máis vantaxes que un punto de acceso á Rede convencional:
– É unha tecnoloxía autónoma, non precisa da intervención do usuario para a habilitación da funcionalidade hotspot, nin nome de usuario ou contrasinal.
– É máis segura posto que os clientes de 4GFi están conectados á rede Vodafone.
– A funcionalidade 4GFi do punto de acceso só habilítase automaticamente se as condicións 4G son as máis óptimas para garantir a mellor experiencia de usuario.
A aplicación 4GFi permite a usuarios con dispositivos 3G multiplicar a súa velocidade de datos por 15 ou por 3.000 se son dispositivos 2G, só coa súa conexión ao punto de acceso 4GFi.
Vodafone tamén aposta por CrowdCell
A tecnoloxía CrowdCell converte os coches en emisores de 4G para mellorar a cobertura da rede móbil, tanto no interior dos coches como fose. Cando o coche está en uso CrowdCell mellora a experiencia 4G dos ocupantes e cando o coche está aparcado pode ser utilizado como unha minicela que ampla ou mellora o servizo 4G de todos os usuarios baixo a súa cobertura.
As minicelas de cobertura dos coches son controladas de forma automática pola intelixencia de rede de Vodafone que coordina automaticamente todas as CrowdCells. Desta forma, mellórase a experiencia de cliente e o rendemento de rede con menores custos.
