Soloimprenta.es, firma posta en marcha por Juan Calvo e Eduardo Castro (ecDesign Studio), está a consolidarse como un referente estatal en materia de branding. Ou sexa, un referente nas metodoloxías e procesos avanzados para permitir que as empresas da nosa contorna fagan e constrúan marca de seu, sinais identificativos que redunden no seu prestixio, na súa competitividade e na súa (óptima) xestión. En palabras do principal impulsor de Soloimprenta, Juan Calvo, “o branding é un elemento previo á orixe da empresa como tal, logo vén o coñecemento íntegro de cara a onde queremos ir e de como diferenciarnos das demais compañías”. Nisto, sinala, teñen moito que dicir as imprentas tal e como as coñecementos pero adaptadas aos novos xeitos de traballar. Soloimprenta.es, que ten sede en Vigo, é un exemplo de imprenta dirixida de cheo a explotar ao máximo a canle en liña.
O proxecto, sinalan os fundadores da iniciativa, baséase en achegar produtos de impresión a prezos “accesibles” e destacando no sector pola súa proximidade e pola marxe (ampla) de adaptación ás necesidades concretas do cliente. A maiores, a iniciativa pon en xogo outro factor fundamental: o contido. Este, explican os creadores de Soloimprenta, debe ser claro e sinxelo, debe chegar de maneira directa ao consumidor e ten que estar ceibe complemente de calquera atranco que poida dificultar a navegación do internauta. “Non abonda con achegar os mellores prezos, hai que saber o que senten e pensan os clientes”, explican.
En cuestións de números, a firma con sede en Vigo conseguiu o ano pasado crecementos de máis do 400% en cuestión de pedidas e vendas. Tras case un lustro de actividade, foi quen de converterse en referente no sector grazas aos devanditos ingredientes (servizo de proximidade, custes moi asumibles, etc) e a unha estratexia de prezo que podemos considerar cen por cen transparente (os prezos que se fan públicos na web da empresa son finais, e non hai existen gastos engadidos posteriores de ningún tipo). O desafío de Soloimprenta, segundo fan saber os seus impulsores, é por unha banda continuar no vieiro do crecemento e, pola outra, afianzar novas e interesantes colaboracións cos referentes empresariais do sector, o que abriría a porta a novos e meirandes descontos e posibilidades para os usuarios. En 2015 a firma de Juan Calvo lanzou ademais o seu estudo de deseño propio, VIVAgráfico, que comparte metodoloxía e ideario con Soloimprenta.
Soloimprenta afiánzase como referente no branding e no aproveitamento das TIC
Compartir Este Artigo
