Os usuarios de Twitter para Android levaron unha sorpresa nas últimas horas, xa que a aplicación móbil renovou a súa aparencia de xeito importante, adoptando liñas de deseño propias de Android, de xeito que agora temos unha barra superior con acceso á cronoloxía, as notificacións e as mensaxes directas (despréndese das opcións de Conecta e do botón que facilitaba o acceso ao menú ampliado), durante a exploración na aplicación temos un botón flotante para facilitar que poidamos chiar en calquera momento, e agora, cun xesto de desprazamento lateral, podemos despregar un menú lateral que ofrece o acceso á configuración, ao cambio entre contas de usuario, aos destacados, ás listaxes… de xeito que temos unha aplicación que segue as pautas de deseño suxeridas por Google, o que debería facilitar o uso da aplicación para novos usuarios.
Os usuarios que aínda non vexan os cambios da aplicación de Twitter para Android poden recorrer a Google Play para a súa actualización.
Twitter redeseña a súa aplicación para Android
Compartir Este Artigo

