
Os traballos nesta nova andaina da Casa do Neno (que inclúe Primaria) diríxense, polo tanto, a integrar ao máximo a tecnoloxía no proxecto educativo do centro. Segundo informa FOGA, “aspírase a dispor de ferramentas para acadar unha eficacia integral nos procesos educativos”, e, tamén, “a lograr as mellores experiencias formativas posibles a través do emprego de plataformas dixitais, a familiarización co seu uso e o coñecemento nativo destes recursos dixitais”.
Grazas ao alicerce achegado por Samsung School, a Casa do Neno contará cunha solución integral de ensino adaptada de maneira específica á educación. “Esta solución”, lembra FOGA, “fornece funcións interactivas de ensino baseadas en Internet, nas tabletas e nos encerados dixitais, e foi deseñada para estimular aos estudantes e fomentar a súa participación activa na aula”. Segundo engade a firma santiaguesa, recentes estudos “demostran que este tipo de métodos melloran a retención de contidos por parte dos alumnos”.
A empresa tamén recorda que Samsung School é unha solución que xa foi implantada con éxito en máis de 50 centros ensino de Corea do Sur e que se atopa nun intre de espallamento entre os máis destacados centros educativos internacionais. A solución, que FOGA distribúe para Galicia como socio oficial certificado, encamíñase a manter a atención e a concentración dos estudantes, a fomentar unha experiencia positiva de aprendizaxe, e a axudar os profesores a ofrecer unha atención personalizada a aqueles alumnos que o precisen.
FOGA integrará as tecnoloxías Samsung School na nova andaina da Casa do Neno
Compartir Este Artigo
