Para acceder a un amplo catálogo cinematográfico de títulos tanto españois como internacionais, e principalmente obras afastadas dos blockbusters, Filmin ofrece dende 2008 un servizo de vídeo baixo demanda que tanto permite o aluguer de milleiros de títulos tanto de xeito individual como mediante unha subscrición premium (que non inclúe os títulos máis destacados, pero si un completo fondo de catálogo). Para poder visualizar estes contidos podiamos empregar o ordenador persoal, algún Smart TV, trebellos con Android e iOS, o Apple TV e incluso o cada vez máis célebre Chromecast de Google, aínda que a partires de agora haberá outro novo xeito de consumir os contidos de Filmin no televisor que pode resultar bastante atractivo e cómodo: a nova aplicación de Filmin para PlayStation 3 e PlayStation 4.
Deste xeito os usuarios de consolas domésticas de Sony poden instalar a nova aplicación para poder moverse polo catálogo de Filmin e reproducir os contidos que lles interesen nas súas distintas modalidades de acceso de pagamento, ou sexa, que non precisan dun ordenador ou dispositivo móbil para poder gozar de Filmin no salón, senón que poden aproveitar a súa PlayStation como reprodutor multimedia conectado.
Filmin di ola á PlayStation
Compartir Este Artigo

