Hai unha semana as redes sociais e os medios de comunicación deron conta da presenza de xabarís no Campus Sur da Universidade de Santiago de Compostela, probablemente procedentes do monte Pedroso, o que inspirou a Juan Gestal, desenvolvedor de aplicacións móbiles e responsable da páxina web de videoxogos Pixfans, a crear a toda presa un videoxogo para iPhone e iPad titulado Xabaríns na USC, que pódese descargar de balde da App Store.
O xogo é un runner no que un estudante ten que ir camiño da Facultade de Física, saltando os porcos bravos que xorden, mentres de fondo poden verse elementos icónicos de Santiago de Compostela como a Catedral, as Dúas Marías, Valle-Inclán sentado nun banco, a Cidade da Cultura ou unha das estatuas de peregrinos que poden verse no Monte do Gozo.
