Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Afeccionados crean un deseñador de niveis para Mega Man
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

Afeccionados crean un deseñador de niveis para Mega Man

Marcus Fernández
Publicado: 11/07/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

mega_maker_01.jpgO xogo Super Mario Maker para Wii U e Nintendo 3DS converteuse en todo un éxito ao permitir que os propios usuarios sexan os que deseñen os niveis polos que pode moverse o seu fontaneiro virtual favorito, e tal concepto espertou o interese dun desenvolvedor de xogos de balde, WreckingPrograms, que xuntouse con varios colaboradores para facer realidade Mega Maker, un xogo feito por e para afeccionados que permite crear niveis personalizados do clásico de Capcom Mega Man.
O creador de niveis de Mega Maker conta con 46 inimigos, 29 obxectos de nivel, 12 xefes finais, 24 armas especiais, 40 fondos, 129 tilesets e 63 pistas musicais, de xeito que será posible tanto recrear niveis dos xogos orixinais como construír escenarios totalmente orixinais que poderán compartirse con outros usuarios.
mega_maker_02.jpgEsta iniciativa naceu en setembro de 2016 como un proxecto individual sen orzamento, pero segundo foi avanzando sumou varios colaboradores e agora que está a achegarse a súa estrea oficial o vindeiro sábado teñen en marcha un Patreon para recibir doazóns que permitan sufragar os gastos de hospedaxe web que precisará o xogo (principalmente para a funcionalidade que permita compartir as creacións a través da Rede).
Cómpre dar conta de que Mega Maker non ten ningunha relación con Capcom, pese a empregar a súa propiedade intelectual, o que supón un grande risco para este proxecto, xa que os propietarios de Mega Man poderían forzar a retirada deste proxecto da Internet.


Tráiler de Mega Maker

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais

23/11/2026
VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?