Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os argalleiros invadirán a Domus da Coruña o vindeiro sábado
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

Os argalleiros invadirán a Domus da Coruña o vindeiro sábado

Redacción
Publicado: 07/11/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

cartel_oshwdem_2017.jpgO vindeiro sábado celebrarase a OSHWDem, unha feira dirixida a que todos os públicos, especialmente os non profesionais, poidan gozar e iniciarse nas coñecidas como tecnoloxías abertas. Durante todo o día haberá exposición de proxectos explicados polos seus propios autores, competicións de robots de todos os niveis de sofisticación e talleres e charlas sobre estas tecnoloxías.
O evento está organizado pola asociación Bricolabs, leva celebrándose anualmente desde 2012 e á pasada ediicón asistiron 2.150 persoas e preto de 800 máis participaron nas actividades organizadas os días próximos á feira.
Este ano a exposición encherá todos os recunchos da Domus, e contará con máis de 150 proxectos realizados por máis de 100 argalleiros vindos de toda España e parte de Europa.
Os proxectos abarcan desde xogos sinxelos ata as montaxes máis complexas. Todos eles teñen en común que a información de como se fan está publicada para que calquera poida reproducilos, adaptalos ou mesmo melloralos. Na OSHWDem poderás coñecer aos creadores de cada proxecto que responderán as túas preguntas e contaranche as características e dificultades que atoparon na súa realización.
oshwdem_2017_02.jpgAo longo de todo o día celebraranse competicións de robots. Desde os máis sinxelos na competición de Hebocon, feitos con cinta illante e pezas dispares, ata os máis sofisticados capaces de resolver labirintos de forma autónoma ou carreiras de segueliñas autónomos. Mención especial merecen os combates nos que só un robot sobrevive.
Calquera que o desexe pode construír un robot básico para Hebocon e está a tempo de apuntarse para competir nesta ou outra das competicións.
Tamén haberá obradoiros e charlas que abarcan desde a iniciación ata técnicas máis sofisticadas. Os obradoiros non rematan o día 11, senón que ao longo de todo o mes desenvolveranse sesións de iniciación á soldadura, construción de robots, instrumentos musicais e programación.
O horario da OSHWDem o día 11 de novembro é de 10:00 a 20:00 horas e a entrada é de balde.

Horarios


Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026
Eventos

Unha feira gratuíta convida ás familias a conversar con robots e probar a realidade virtual no CIFP Politécnico de Santiago

19/11/2026
Eventos

As tecnoloxías galegas con impacto positivo centran un encontro na Coruña

16/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?