Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: ABANCA adapta a súa aplicación móbil ao iPhone X
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

ABANCA adapta a súa aplicación móbil ao iPhone X

Redacción
Publicado: 16/11/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20171116-abanca-iphonex-1-hd-12277d10.jpgA aplicación móbil de ABANCA para iPhone vén de recibir unha actualización para aproveitar todo o potencial do iPhone X e de iOS 11. Algunhas das principais melloras nesta versión da banca móbil son exclusivas para os propietarios do novo iPhone X, que poderán acceder á aplicación dun xeito máis cómoda grazas a Face ID, o novo sistema de seguridade biométrica que substitúe á pegada dactilar.
A identificación facial permite un acceso máis áxil, pero tamén máis seguro e fiable respecto a sistemas anteriores segundo Apple. A aplicación, desenvolvida integramente en Galicia, tamén redeseñouse para o iPhone X e ofrece total integración coa curiosa pantalla deste smartphone, maior que outros modelos e cunha identificable franxa na parte superior.
20171116-abanca-iphonex-2-hd-6478c41a.jpgAdemais destas melloras, as novidades tamén chegan a calquera usuario da aplicación para iPhone. A partires desta versión, o asistente Siri poderá informar do saldo das contas do cliente en ABANCA utilizando exclusivamente a voz. Antes de amosar esa información, o usuario deberá validar a petición coa pegada ou coa identificación facial. Esta funcionalidade súmase ao envío de diñeiro desde o móbil ao caixeiro a través da voz, que a entidade financeira xa implantou de maneira pioneira no sector en xuño.
A nova versión da banca móbil para dispositivos Apple conta cun novo sistema de indexado da información que permite un uso máis áxil. A aplicación de banca móbil de ABANCA indexa agora aquelas operacións que temos gardadas en favoritos ou que utilizamos de maneira recorrente e permite acceder dun xeito máis directo, tras unha procura a través de Spotlight.
Os usuarios que actualicen a aplicación de ABANCA tamén accederán a un novo sistema de preguntas frecuentes que conta cun procesamento máis natural da linguaxe, desenvolvido da man de Inbenta. Esta nova versión tamén permite contratar un maior número de produtos, como tarxetas, dunha maneira sinxela e intuitiva.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?