
O equipo de investigación galego está integrado por trece especialistas que coordina María José Domínguez Vázquez, xunto a quen tamén participa Teresa Sanmarco Bande, Mónica Mirazo Balsa e Laura Pino Serrano da Universidade de Santiago de Compostela. O resto do equipo confórmano: Rosa Martín Gascueña (Universidade Complutense de Madrid); David Lindemann (Universität Hildesheim); Natalia Catalá Torres (Universidade Rovira i Virgili); Carlos Valcárcel Riveiro (Universidade de Vigo); Isaac González López (CIFP Politécnico); Alberto Bustos Plaza (Universidade de Extremadura); José Antonio Calañas Continente (Universitat de València); Carolin Müller-Spitzer e Sascha Wolfer (Institut für Deutsche Sprache).
MultiGenera ten como principal obxectivo o deseño dun prototipo de aplicación lingüística didáctica que xere de maneira automática estruturas nominais con información semántica. A través dunha metodoloxía de fornece ás estruturas nominais de significado, a idea é facer que “a busca en bases de datos léxicas de diferentes idiomas se faga con maior rapidez e eficacia, de xeito que poderá ser un reforzo fundamental para a investigación en lingüística”, engade o equipo responsable do proxecto, explicando tamén que as estruturas incorrectas que se poidan xerar permitirán mellorar as regras polas que funcionan os tradutores automáticos, “dotándoos así de maior rigor, precisión e similitude coa linguaxe natural (NLP)”.
O obxectivo é que MultiGenera achegue unha manchea de exemplos útiles en eidos como a docencia, a gramática contrastiva, os novos dicionarios (mesmo actualización dos antigos) ou a tradución automática.
O proxecto MultiGenera da USC, premiado pola Fundación BBVA
Compartir Este Artigo
