
Na clasificación, ocupando o oitavo posto, tamén aparecen (compartindo puntuación en nivel de transparencia) Lalín e máis Vilagarcía. Respecto do caso de Lalín, o seu edil Tomás Vilariño salientou hoxe “o esforzo que está a realizar o Concello para avanzar neste eido”, un esforzo que xa xa permitiu pasar do posto 20 ao posto 8 en menos e dúas semanas. O concelleiro de Novas Tecnoloxías destacou tamén “o elevado grao de cumprimento na información sobre a organización e o patrimonio do Concello, a información contable e orzamentaria ou a publicación de contratos, convenios e subvencións, todos eles por riba do 60 por cento”.
Os primeiros postos da listaxe ficarían do seguinte xeito: Redondela (67,95), A Coruña (62,82), Pontevedra (62,18), Vigo (54,49), Ourense (53,85), Lugo (51,92), Ferrol (50,64), Vilagarcía (46,15) e Lalín (46,15).
As vilas galegas aumentan o seu nivel de transparencia
Compartir Este Artigo
