Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A xornada estatal da Semana Europea da Robótica abre mañá en Santiago cun día adicado ao profesorado
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A xornada estatal da Semana Europea da Robótica abre mañá en Santiago cun día adicado ao profesorado

S. P.
Publicado: 25/11/2026
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

O CIFP Politécnico de Santiago acolle mañá xoves a primeira xornada de Robota: Cultura robótica, o encontro anual co que a Plataforma Tecnolóxica Española de Robótica (HispaRob) se suma á Semana Europea da Robótica, co apoio da Xunta de Galicia e a colaboración de AllKnow Education. O xoves está dirixido ao profesorado de Infantil, Primaria, Secundaria e Educación Especial.

A Semana Europea da Robótica, impulsada por euRobotics, é a principal campaña europea de divulgación neste ámbito, unha iniciativa que en España coordina HispaRob. A súa xornada estatal celébrase por primeira vez en Galicia e, durante dous días, reunirá no CIFP Politécnico a docentes, investigadores, empresas e servizos públicos para amosar como se usa xa a robótica nas aulas, na industria, no coidado das persoas e nas emerxencias

O xoves, a ONCE, a Universidade da Coruña, a Universidade de Vigo e catro centros galegos dos Polos Creativos participarán en mesas sobre robótica accesible, intelixencia artificial e innovación educativa, e o profesorado poderá probar recursos en doce obradoiros prácticos.

O venres 27 pola mañá, dirixido a profesionais, contará cunha mostra de robótica en vivo e mesas sobre robótica social e de emerxencias, coa Policía Local de Narón, os bombeiros de Pontevedra e a Universidade de Vigo, ademais da presentación dun proxecto europeo no que participan a Universidade de Santiago e o Centro Tecnolóxico da Carne de Ourense. A xornada pechará o venres pola tarde, de 17.00 a 19.00 horas, cunha feira gratuíta de robótica aberta ás familias e ao público en xeral.

A Plataforma Tecnológica Española de Robótica, HispaRob, agrupa empresas, centros de investigación, universidades e administracións implicadas no desenvolvemento e na integración da robótica na sociedade. É coordinadora nacional da European Robotics Week, promovida por euRobotics, e membro da alianza STEAM polo talento feminino Niñas en pie de Ciencia.

Programa deste xoves 26

  • 9.00 h. Recepción de asistentes.
  • 9.30 h. Benvida. Con Fátima García Doval, xefa do Servizo de Coordinación Estratéxica e Innovación da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP; Ricardo Muñoz, coordinador nacional da European Robotics Week; Ana Puente, de Allknow Education, e José Manuel Carbia, vicedirector do CIFP Politécnico de Santiago.
  • 10.00 h. Conferencia inaugural A intelixencia, sempre humana, da tecnóloga Cristina Aranda Gutiérrez, especializada en Dixitalización, Big Data e Intelixencia Artificial. Doutora en Lingüística, é autora de Vidas futuras (Aguilar, 2024) e cofundadora de Mujeres Tech, entidade que promove a presenza de mulleres en diferentes ámbitos do sector dixital.
  • 11.30 h. Mesa redonda Tecnoloxía e inclusión: robótica accesible, con Rosa Mª Garrido (ONCE), Lucía Sánchez (CPEE Miguel de Unamuno de Móstoles), Roger Olivella (Sistema THEAD e Scratch Tactile) e Ana Iglesias (Universidad Carlos III de Madrid, Premio Nacional de Discapacidad Reina Letizia 2023). Modera Marisa Lorenzo, mestra de Pedagoxía Terapéutica da Consellería de Educación. A mesa dará a coñecer boas prácticas sobre tecnoloxía e inclusión en distintos ámbitos e comunidades, e abordará cuestións como se é posible unha accesibilidade universal na robótica, que barreiras se observan aínda e cara a onde se dirixe a robótica sen barreiras.
  • 12.30 h. Mesa redonda Creatividade en tempos da IA, con Andrea Plaza (Letcraft), Francisco Bellas (Universidade da Coruña), Jaime González (Universidade de Vigo) e María José Sánchez, enxeñeira de Telecomunicación. Modera Jorge Regueiro, director do CIEDix da Consellería de Educación.
  • As persoas participantes contarán desde a súa experiencia como introducir a intelixencia artificial nas aulas, cos seus desafíos e vantaxes, e debaterán sobre se unha máquina pode ser creativa, a quen pertencen os dereitos de autor do que crea a IA ou que impacto terá no mercado laboral.
  • 13.30 h. Mostra de robótica e obradoiros prácticos por etapa.
  • 16.00 h. Mesa redonda Boas prácticas docentes: experiencias innovadoras en Polos Creativos, con Silvia Pérez Madariaga (CEIP Louro, Muros), Gloria Estévez (CEIP Gregorio Sanz, Ribadeo), Reyes Montero (CPI de Atios, Valdoviño) e Sandra Sambade (IES Miraflores, Oleiros). Modera Conchi Fernández Munín, do programa Polos Creativos da Consellería de Educación. A continuación, entrega do Selo de Calidade en Robótica Educativa. A mesa dará a coñecer experiencias que integran metodoloxías STEAM, robótica e aprendizaxe por proxectos, conectan os contidos educativos coa contorna e a cultura e fomentan a creatividade, a inclusión e a aprendizaxe activa.
  • 17.00 a 19.00 h. Obradoiros prácticos para docentes, en dúas quendas, e mostra de robótica.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A UVigo confirma que o ciberacoso é o xeito de violencia dixital máis presente nos medios

25/11/2026
Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?