Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Beyond: Dos almas e Rayman Legends destacan entre os xogos de PS Plus de maio
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

Beyond: Dos almas e Rayman Legends destacan entre os xogos de PS Plus de maio

Marcus Fernández
Publicado: 25/04/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

beyond_dos_almas_3.jpgAs consecuencias da suba de prezo das subscricións de PlayStation Plus e o anuncio de que abandonarán a PlayStation 3 e a PS Vita nótanse un mes máis, e os xogos que ofrecerán no mes de maio son de auténtico luxo, cando menos no que a PlayStation 4 se refire, comezando forte con Beyond: Dos almas, xogo do estudio Quantic Dreams, que no mesmo mes lanzará Detroit: Become Human, polo que poder gozar dun anterior título do mesmo estilo pode ser un grande incentivo para facerse co novo lanzamento. Beyond: Dos almas non só é tamén un xogo moi cinematográfico, senón que incluso tiña grandes fichaxes da grande pantalla para os seus personaxes, de xeito que contou coa actriz Ellen Page interpretando ás súas protagonista e tamén coa participación do grande actor Willem Dafoe.
rayman_legends_preview_screenshot3_419273.jpgO outro xogo de PlayStation 4 do mes de maio será Rayman Legends, un plataformas en dúas dimensións que non só goza dunha estética inconfundible, senón que tamén pon acento no acompañamento musical, de xeito que permitiranos vivir divertidos momentos superando obstáculos ao ritmo dunha versión mariachi do Eye of the Tiger (tema de Survivor célebre pola súa utilización dos filmes de Rocky).
A maiores tamén se incluirá o MOBA tridimensional de 5 contra 5 HIVE, do estudio valenciano Catness Game Studio, que grazas á incorporación en PlayStation Plus conseguirá certa visibilidade.
Os xogos de PlayStation Plus en maio para outras plataformas non son especialmente relevantes, e así para PlayStation 3 teremos Risen 3: Titan Lords e Eat Them!, mentres que para PS Vita os xogos serán King Oddball e Furmins.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Nioh 3 chegará a Xbox en xaneiro

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI convértese no maior lanzamento da historia de PlayStation

24/11/2026
VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?