Nas últimas semanas os operadores de telecomunicacións potenciaron as súas ofertas de cara ao comezo de curso, para así captar novos clientes, e aínda que a meirande parte das promocións fixéronse con publicidade, unha das ofertas que parece estar ter un éxito máis evidente é a que facían de xeito privado a clientes de Movistar, aos que, por abandonar a compañía, ofrecíanlles un 50% de desconto sen limitación de tempo.
Aínda que normalmente estas campañas pasan desapercibidas, desta volta chegaron aos medios xa que numerosos consumidores están a dar conta de retrasos de ata 15 días na xestión das portabilidades, en vez dos 2 días que leva o proceso habitualmente, o que semella unha consecuencia directa do éxito desta promoción.
En agosto Vodafone perdeu uns 94 mil subscritores, probablemente como consecuencia da guerra do fútbol, á que estarían a responder con estas novas promocións que son tan atractivas para os usuarios que están a colapsar o departamento de portabilidades da compañía.
Os esforzos de Vodafone van dirixidos claramente a captar clientes de Movistar porque a compañía gañou 68.700 clientes en agosto, en boa medida por promocións que incluían fútbol televisado e que a propia Vodafone denunciou ante a CNMC por considerar que atentaban á competencia.
Vodafone estaría a conseguir captar clientes de Movistar con ofertas moi agresivas
Compartir Este Artigo
