Os vindeiros días, nos campus de Vigo e Ourense vaise falar do papel das mulleres na Sociedade do Coñecemento, de que maneira se poden seguir derrubando estereotipos e discriminacións laborais nas redes e que medidas se poden poñer en práctica para garantir unha Internet en positivo, igualitaria, que sexa útil para as novas xeracións de usuarias e usuarios. Trátase de dúas xornadas organizadas por profesorado da Facultade de Dereito nas que se abordarán dúas cuestións de actualidade: o caso do traballo muller na era dixital e a sentencia de La Manada.
As xornadas xorden no marco do desenvolvemento de proxectos de investigación con financiamento estatal, do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, e contan coa colaboración da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo.
A segunda das xornadas, Feminismo e teoría do dereito, celebrarase os días 25 de outubro e 15 de novembro tanto na Facultade de Dereito do Campus de Ourense como na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo do campus de Vigo. A cita, que vai pola súa terceira edición, aborda este ano a polémica suscitada coa sentencia no caso de La Manada.
Como loitar por unha sociedade dixital igualitaria, polo miúdo nunhas xornadas da UVigo
Compartir Este Artigo
