Onte celebrouse en Ourense, no Centro Marcos Valcárcel, unha xornada onde se falou, e moito, de novas tecnoloxías intelixentes ao servizo das cidades, da cidadanía e das administracións locais. Sobre todo poñendo o foco no seguinte: o que poden facer os recursos smart para que as cidades, as vilas e as aldeas gasten o menos posible en enerxía ao mesmo tempo que adquiren un servizo de calidade e respectuoso co medio ambiente. A xornada sobre iluminación saudable 4.0 xuntou no devandito centro ourensán 150 participantes.
Nela participaron técnicos e representantes institucionais e académicos debaten sobre as últimas novidades no sector. Na inauguración fixo acto de presenza o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; o director xeral de Enerxía da Xunta, Ángel Bernardo; e o presidente do Comité Español de Iluminación, Fernando Ibáñez.
O evento, organizado polo Comité Español de Iluminación (CEI) e co-organizado pola Deputación de Ourense e o Concello, tivo como obxectivo “abordar os novos retos da iluminación para a confluencia de eficiencia enerxética e tecnoloxía dixital con prestacións luminotecnias saudables”, así como “analizar as novas tecnoloxías e a súa revolución na iluminación exterior a través de controis intelixentes e plataformas smart”.
Asemade, a xornada prestou especial atención á revolución industrial da iluminación, pasando das luminarias tradicionais ás 4.0, “nas que preocupa a eficiencia enerxética e a saúde das persoas”, informouse.
Unhas 150 persoas participaron na xornada de iluminación smart de Ourense
Compartir Este Artigo
