Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Anthem sae á venda para Xbox One, PS4 e PC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

Anthem sae á venda para Xbox One, PS4 e PC

Marcus Fernández
Publicado: 22/02/2019
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

anthem_lanzamento.jpgDende hai unha semana os subscritores de Origin Access Premier poden gozar do xogo Anthem, e hoxe chegou o momento para o resto de xogadores, que por fin poden acceder a un dos grandes lanzamentos de Electronic Arts para a primeira metade do ano. Este esperado xogo pode xa mercarse para Xbox One, para PlayStation 4 e para PC, ofrecendo un rico mundo que explorar dentro dunha armadura chamada alabarda que fai que moitos consideren que estamos ante unha sorte de simulador de Iron Man, o que ten certo atractivo, aínda que o feito de que durante unha semana houbese xogadores probando o que sería o título final reduciu bastante a expectación inicial, por considerase que o xogo, pese ao seu grande potencial, aínda está sen rematar, ou sexa, que haberá que agardar semanas para poder valorar se os contidos deste título (e o seu acabado técnico) están á altura do que se espera dunha superprodución tan ambiciosa.
Cómpre lembrar que a expectación por este xogo era moi elevada porque o estudio detrás do mesmo é BioWare, responsable de franquías como Dragon Age e Mass Effect, pero establecer paralelismos non parece moi atinado, xa que os grandes xogos da compañía eran principalmente de rol, mentres que este título é un shooter en terceira persoa nun mundo compartido, que ten moito que demostrar, principalmente á hora de facer que o xogo non sexa repetitivo e ofreza unha experiencia que permita que os xogadores destinen moitas horas ao mundo de Anthem sen perder o interese.


Tráiler de lanzamento de Anthem

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026
VIDEOXOGOS

Star Wars: Galactic Racer incorporará carreiras locais a pantalla partida

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?