Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: SIVSA impulsa e complementa a aplicación galega para a formación náutica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

SIVSA impulsa e complementa a aplicación galega para a formación náutica

Redacción
Publicado: 08/03/2019
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

xesten.jpgOs días pasados, a Xunta de Galicia presentou o novo módulo dirixido a academias da aplicación web Xesten, ferramenta desenvolvida pola firma galega SIVSA para a xestión, por parte da Consellería do Mar e coa colaboración da axencia AMTEGA, de titulacións e ensinos náutico-pesqueiras. A nova funcionalidade permite ás academias dispor de información de interese sobre o profesorado, os instrutores, o tipo de embarcacións ou de simuladores.
Segundo se fixo saber nun plano máis detallado, Xesten diríxese a posibilitar a xestión, de forma integral e desde un mesmo espazo web, de todos os procedementos administrativos relacionados con formación e certificación de habilidades: dende expedición de títulos, formación ou tramitación de licenzas de navegación, ata comunicación e xestión de prácticas. “O seu obxectivo”, lembra SIVSA, “é facilitar o acceso aos cidadáns dos servizos públicos, simplificando e axilizando os trámites administrativos, evitando desprazamentos innecesarios e ofrecendo un servizo 24 horas, transparente e de calidade”.
O novo módulo desta solución web presentado os días pasados, foi dado a coñecer pola directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, e o secretario para ou Deporte, José Ramón Lete, durante unha xornada formativa dirixida a academias.
Durante a xornada formativa, a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro salientou que Xesten tamén se encamiña a “mellorar a transparencia e a calidade na xestión dos servizos e aforrar desprazamentos ás entidades públicas”, entre outros aspectos. Nesta ferramenta tamén hai información de cada academia relacionada cos profesores, instrutores, embarcacións e simuladores. Ademais Susana Rodríguez engadiu que Xesten “é un proxecto en crecemento ao que se van incorporando pezas como o módulo de academias que se presenta hoxe”.
Respecto do novo módulo para academias, Rodríguez lembrou que sete delas estiveron tirando proveito da ferramenta en fase piloto, dende o mes de outubro de 2018. Ao longo destes meses, foron quen de xestionar a través da aplicación arredor de 200 prácticas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026
gtc25-phase3-wmfg.jpg
Actualidade

nVIDIA restitúe a Jensen Huang como presidente e conselleiro delegado tras unha investigación interna

23/11/2026
Actualidade

O programa de formación dixital para pemes da Deputación da Coruña e o ITG arrinca este martes en Boiro

23/11/2026
Actualidade

Cinfo presenta un centro de control que xestiona máis de 700 eventos deportivos cada fin de semana

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?