Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Plan Digitalent inicia tres novas iniciativas para impulsar vocacións dixitais e novos perfís tecnolóxicos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Plan Digitalent inicia tres novas iniciativas para impulsar vocacións dixitais e novos perfís tecnolóxicos

Redacción
Publicado: 22/04/2019
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

digitalent_web_01.jpgDurante o segundo trimestre deste ano o Plan DigiTalent, impulsado pola AMTEGA, amplíase con tres novas actuacións: a fase local da World Robot Olympiad e as Bolsas DigiTalent, ambas impulsadas pola Amtega, e a iniciativa The North Codes promovida pola empresa DXC Technology.
Estas actuacións súmanse ás catorce iniciativas que veñen desenvolvendo desde o inicio do curso 2018-2019 e coas que a AMTEGA e o sector TIC suman esforzos para avanzar no desenvolvemento de dous dos eixos estratéxicos do Plan DigiTalent: as vocacións científico-tecnolóxicas e os novos perfís dixitais.

Contidos
  • Novo portal de DigitTalent
  • Estímulo ás vocacións científico STEM
  • Impulso dos novos perfís dixitais

Novo portal de DigitTalent

digitalent_web_02.jpgToda a información sobre as novas actividades e as que están en curso están dispoñibles no novo portal do Plan DigiTalent. Esta páxina web é o punto de acceso ao catálogo de actividades e permite unha consulta adaptada ás necesidades dos distintos perfís de usuarios, ofrecendo información personalizada, segundo rango de idades, data e lugares de celebración, entre outros criterios.
Ademais, é unha canle aberta de comunicación, ofrecendo acceso ás publicacións en redes sociais máis relevantes nesta materias, chegando ao público obxectivo de xeito máis dinámico e interactivo.

Estímulo ás vocacións científico STEM

O primeiro eixo do Plan DigiTalent está centrado en espertar, motivar e potenciar as vocacións STEM desde idades temperás, tendo en conta a perspectiva de xénero. A día de hoxe, xa se lanzaron once actuacións neste ámbito, seis delas actualmente en curso: Tecnólogo por un día, impulsada pola Amtega, CreaR, da man do operador R, DixiXogo, en colaboración con Iecisa, GenTech promovida pola empresa Altia; e O Core das TIC e Futurelab+Codefun, organizadas polas empresas Coremain e Sivsa respectivamente.
Agora este eixo refórzase coa organización o 15 de xuño da WRO Galicia na Cidade da Cultura, a fase local da World Robot Olympiad, que ofrecerá ao alumnado unha oportunidade de achegarse dun xeito lúdico e divertido á tecnoloxía e á enxeñería. O concurso engloba diversos retos a resolver por equipos e que se celebran de xeito independente, neste caso Regular e Football nos que poderán participar ata 110 estudantes galegos divididos diferentes categorías, que abranguen dos 6 aos 19 anos. Os retos da edición 2019 están inspirados na temática Smart Cities.
A esta actuación súmase a iniciativa The North Codes impulsada pola empresa DXC Technology, actualmente con prazo de inscrición aberto, e na que colaboran os centros de Santiago de Compostela e Asturias. Trátase dun concurso de programación no que os participantes, estudantes que estean cursando desde 5º de educación primaria ata 4º de secundaria, terán que crear un videoxogo de aventuras en 2D utilizando a tecnoloxía Scratch.
Os participantes, por parellas, poderán ata o 20 de maio desenvolver o seu proxecto que se entregará a través da web do concurso. Posteriormente un xurado, formado por voluntarios de DXC Technology, avaliará todos os traballos en base a creatividade, orixinalidade, precisión, méritos técnicos e boas prácticas de programación; seleccionando 2 equipos gañadores por categoría.

Impulso dos novos perfís dixitais

Outro dos eixos do Plan DigiTalent persegue reverter o gap de competencias dixitais para cubrir os postos vacantes e facilitar aos profesionais TIC a súa adaptación ao novos requirimentos da dixitalización.
O labor neste eixo do Plan reforzarase coa posta en marcha do programa de Bolsas DigiTalent, impulsado pola AMTEGA, para a realización de prácticas non laborais en empresas do sector TIC. Neste segundo trimestres trimestre, identificaranse as empresas interesadas en participar neste programa e que ofertarán aos estudantes universitarios de disciplinas afíns ás TIC e do ámbito STEM a oportunidade de participar nun proxecto tecnolóxico e innovador.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?