Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O cálculo avanzado e os algoritmos resolven en Compostela tres grandes retos da industria
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O cálculo avanzado e os algoritmos resolven en Compostela tres grandes retos da industria

Redacción
Publicado: 24/04/2019
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

esgi_itmati_grupo2.jpgO venres 12 de abril rematou en Compostela, na USC, a edición 147 do encontro investigador European Study Group with Industry (ESGI). A xuntanza de traballo, organizada polo Consorcio Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI) e a Rede Española Matemática-Industria (Math-in), saldouse cun éxito de participación e de resultados: os investigadores participantes conseguiron atopar solucións a tres relevantes problemas industriais. Tres desafíos relacionados coas enerxías renovables e a metalurxia expostos polas firmas estatais TSK Electrónica y Electricidad, Estaños e Soldaduras Senra e Solute. “Logrouse un primeiro diagnóstico dos problemas, en que medida as ferramentas matemáticas poden axudarlles e como”, conta Peregrina Quintela, directora do ITMATI e presidenta de Math-in.
O primeiro problema, Estatística para abaratar gastos, propuña solucións de durabilidade para plantas de enerxía termosolar de concentración, que adoitan empregar centos de milleiros de espellos, encargados de dirixir a luz solar a unha pequena superficie onde se transforma en enerxía eléctrica. Como estas plantas soen estar situadas en extensas zonas áridas ou desérticas, os espellos van perdendo reflectividade segundo acumulan po e humidade, diminuíndo o rendemento. TSK buscaba un método fiable segundo o cal determinar cal é o tamaño mínimo de mostra a partir do que determinar o estado xeral dos espellos, de forma que poida levar a cabo un seguimento co menor gasto posible de recursos e tempo. O equipo de traballo liderado polo coordinador académico Javier Martínez foi o encargado de afrontar o problema.
esgi_itmati_presentacion.jpgO segundo reto, Algoritmos para protexer aeroxeradores, veu da man da consultora de enxeñaría Solute, especializada en enerxía eólica, que precisaba unha ferramenta para a optimización do control de muíños para ventos relativamente fortes, un ámbito que require de aparellos que no canto de aproveitar a máxima potencia posible que pode ceder o vento traballen nunhas condicións nominais (cunha velocidade de rotación controlada) a fin de evitar que sufran danos estruturais. O control lógrase actuando sobre a orientación das pas do xerador, medindo a velocidade de rotación do eixo e, en función da súa desviación con respecto á velocidade nominal, intervindo sobre a orientación das pas. O equipo do coordinador académico Fernando Varas propuxo un modelo simplificado do muíño e puxo a punto unha ferramenta software que permite optimizar as condicións de operación, incluíndo a identificación das estratexias de control que poidan reproducir determinadas respostas temporais.
O terceiro desafío, Simulación de novos procesos metalúrxicos foi achegado pola empresa Senra, especializada en fíos de soldadura con aliaxes baseadas en estaño e chumbo. O reto ten a súa orixe no proceso de fabricación tradicional, o de baleirado manual, que produce pequenas burbullas no material, uns elementos que poden chegar da producir fallos no futuro e coa implantación integral das novas tecnoloxías na xestión e na produción. O problema proposto consistía nun modelo para simular os resultados deste novo sistema. Elena Martín foi a coordinadora do equipo de traballo académico.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?