Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: En marcha a licitación dos servizos de coordinación do Co-Lab da Coruña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

En marcha a licitación dos servizos de coordinación do Co-Lab da Coruña

Redacción
Publicado: 25/04/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

delso_co-lab.jpgO Concello da Coruña abriu o proceso de licitación da coordinación e comunicación do Laboratorio de Innovación Cidadá da Coruña, o Co-Lab, unha iniciativa encamiñada a converter as tecnoloxías abertas e o traballo en común en beneficios palpables para a sociedade: innovación social, cultura, intelixencia colectiva, coñecemento, recursos reutilizables, etc. A apertura do proceso vén da man da Concellería de Participación e Innovación Democrática que dirixe Claudia Delso.
O novo contrato regula a prestación dos servizos de coordinación e mediación e de comunicación do programa para os anos 2019 e 2020, coa posibilidade de prórroga de dous anos máis como máximo, e está dividido en dous lotes.
Delso salientou que con este contrato incídese “na continuidade e afianzamento dun programa innovador, que é punto de encontro e de traballo para o tecido social da cidade, e tamén para o fomento da estabilidade no emprego arredor desta iniciativa, como vén facendo o Goberno local en todos os seus contratos”. O contrato ten un orzamento base de licitación de 133.523,63 euros anuais, dos que 98.647, 38 corresponden ao lote 1, de coordinación e mediación, e 34.876,26 euros ao segundo dos lotes, de comunicación. O prazo de presentación de ofertas está aberto ata o vindeiro 8 de maio.
A edil engadiu que o Co-Lab impulsa e apoia as iniciativas que poden converterse nun motor de transformación social e que se dan na propia comunidade: “Temos un potencial de creación e de coñecemento, unha intelixencia colectiva á que atende este programa, que buscamos consolidar e darlle continuidade a través deste contrato”.
O servizo de coordinación e mediación ten como funcións desenvolver, dinamizar e consolidar o labor do Co-Lab, para o que deberá deseñar e planificar a estratexia de actuación seguindo as pautas da Concellería de Participación e Innovación Democrática, así como promover a posta en marcha de novos grupos de traballo, favorecer a súa diversidade e continuar co traballo desenvolvido na Forxa, o acubillo transmedia aberto e de libre uso que incorpora toda a documentación producida durante o proceso de construción colectiva do Co-Lab.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?