
Os traballos de acondicionamento urbano e subministro de cable, novamente, tentaron tirar o máximo proveito das infraestruturas municipais previamente existentes no concello.
A achega de fibra no devandito concello abéiranse ao Plan PEBA-Avanza do Ministerio de Economía e Empresa, do que R foi adxudicataria en 2016 para despregar FTTH (fibra ata o edificio) nas chamadas “zonas brancas”, é dicir, as que nunca dispuxeran de accesos de alta velocidade ata este momento.
Xunto coas provincias de Lugo e Ourense, o operador galego conseguiu tamén a adxudicación doutros dous proxectos; un, para a provincia da Coruña e outro para a da Coruña. En total, os tres proxectos supoñen un investimento de preto de 8 millóns de euros, dos que 4,3 son subvencionados polos fondos FEDER da Unión Europea, a través do Programa de Extensión da Banda Larga de Nova Xeración (PEBA-Plan Avanza) do Ministerio de Economía e Empresa. Só na provincia de Coruña o investimento total rolda os 3,8 millóns de euros, dos cales 2,1 proceden dos fondos europeos.
R engadiu que cando se completen os traballos de despregue nas catro provincias galegas, arredor de 33.000 fogares e empresas destas “zonas brancas” formarán parte do millón longo de fogares e negocios que a día de hoxe están en disposición de recibir os servizos avanzados de R en Galicia.
R leva a súa fibra ultrarrápida a 240 fogares e empresas de Petín
Compartir Este Artigo

