Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: En marcha a cuarta edición dos Orzamentos Participativos da Coruña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

En marcha a cuarta edición dos Orzamentos Participativos da Coruña

Redacción
Publicado: 26/04/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20190425_sgr_rolda_claudia_delso_g88b4040.jpgO Concello da Coruña vén de abrir a cuarta edición do programa de Orzamentos Participativos, unha ferramenta posta en marcha no ano 2016 e que ten como finalidade favorecer a participación e decisión directa da veciñanza sobre o destino dunha parte do presuposto xeral do ano 2020. A edil Claudia Delso foi a responsable de dar a coñecer a apertura do programa, «un proceso xa consolidado neste Concello», que comezou onte mesmo coa fase informativa, de debate e de presentación de achegas veciñais para a execución de proxectos de gasto. Até o 21 de maio, a cidadanía poderá presentar as súas iniciativas a través da plataforma web que sustenta o proceso. Unha vez remate esta fase, abrirase de seguido a de apoios, de xeito que cada veciña ou veciño poida referendar as iniciativas que máis lle convenzan. Tras unha fase de avaliación as propostas priorizadas pola cidadanía, que se levará a cabo no verán por parte dos servizos municipais, terá lugar a votación final. As iniciativas propostas e elixidas pola veciñanza que recaden un maior número de votos incorporaranse ao proxecto inicial de orzamentos do goberno local para o seguinte exercicio.
En total, nesta edición o Concello destinará 3 millóns de euros para proxectos de investimentos, dos cales 1 millón será para iniciativas que se dirixan ao conxunto da cidade, mentres que os outros 2 millóns repartiranse, equitativamente, entre os 10 distritos que conforman o termo municipal (200.000 euros para cada un deles).
Nos Orzamentos Participativos poden participar todas aquelas persoas empadroadas na Coruña, maiores de 16 anos. O proceso realizarase a través da plataforma A Porta Aberta, na que deberán verificar a súa conta de usuaria. Todas aquelas persoas que xa participaron en procesos anteriores non terán que facer este paso e, no caso de ter algún problema durante o acceso, poderán chamar ao teléfono de atención gratuíta 010. Precisamente este servizo, así como o persoal de bibliotecas municipais, centros cívicos, Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX) e a Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana ofrecerán soporte e asesoramento a todas aquelas persoas que teñan necesidade do mesmo, «co obxectivo de garantir a participación cidadá, de xeito sinxelo, no proceso», apuntou a responsable municipal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?