Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un equipo vigués obtén un dos premios estatais de HackForGood
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Un equipo vigués obtén un dos premios estatais de HackForGood

Redacción
Publicado: 30/04/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_hackforgood1.jpgUn equipo da Universidade de Vigo vén de facerse cun dos premios estatais do certame HackForGood, convocado anualmente por Telefónica para impulsar proxectos e contribucións tecnolóxicas “en positivo” (solidarias, sociais, humanitarias, activistas) da comunidade hacker dos campus. O equipo da UVigo, que tamén se impuxo na edición local (HackForGood Galicia) de 2018, foi recoñecido no marco do HackForGood Big Day, o peche anual do evento de innovación social e interuniversitario HackForGood.
A cita celebrouse o pasado venres no Auditorio Innovation Center no Distrito Telefónica (Madrid) e nela o equipo vigués competiu con outros oito gañadores do HackForGood 2018 a nivel nacional.
O grupo da UVigo, constituído por cinco estudantes da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, foi o creador de Atopa Project, unha aplicación web dirixida a loitar contra a exclusión social desde a escola baseada no uso da sociometría.
Os equipos participantes expuxeron os seus traballos un ano máis tarde de gañar a correspondente edición local para que os membros do xurado (composto por representantes de doce universidades de toda España e sete representantes de diversas áreas de negocio da compañía Telefónica) puidesen comprobar a evolución de cada un dos traballos gañadores das distintas sedes do evento. Finalmente o equipo vigués, composto por María Cabrero, Marta Blanco, Adrián Lombardía, Miguel Ángel Otero e Sara Berezo, fíxose co terceiro premio, dotado con 1.000 euros.
Atopa Project xurdiu ao abeiro da asociación viguesa TEAVI, Transtornos do Espectro Autista, que foron os que primeiro se decataron de que a exclusión social é un dos principais problemas no ámbito escolar. “Nós, cinco alumnos da EE de Telecomunicación especializados en imaxe e son, sistemas de telecomunicación e telemática, decidimos abordar este problema e iniciar un desenvolvemento que poña solución a este problema”, explica o equipo nas súas redes sociais.
Atopa, que o ano pasado conseguiu tamén un dos premios dos LProDays da EE de Telecomunicación, é unha aplicación web dividida en dúas interfaces: unha para o docente e outra para o alumno/a. Na interface do alumnado permítese responder a unha serie de preguntas, cun respaldo psicolóxico previo, que permitan establecer as relacións sociais de cada neno ou nena. No caso da do profesor a interface ten a opción de modificar as preguntas para adecualas ás diferentes idades escolares e, por outra banda, coas respostas obtidas do alumnado, permite visualizar un sociograma por pregunta.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?