Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O polo de drons das Rozas loce excelencia en Chicago
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O polo de drons das Rozas loce excelencia en Chicago

Redacción
Publicado: 02/05/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20190430gainchicago.jpgAs empresas punteiras da nosa terra en materia aeroespacial estiveron estes días (ata hoxe) en Chicago na que está considerada a gran cita referencial dos drons a nivel internacional: a feira Xponential. En gran medida, a representación galega materializouse a través do proxecto Civil UAVs Initiative, dirixido a crear un Lugo (As Rozas) un potente e referencial polo de deseño, desenvolvemento e creacións de tecnoloxías ligadas aos avións non tripulados. As entidades e empresas impulsoras e integrantes do proxecto tiveron representación de seu no pavillón do ICEX. Alí tamén estivo a directora da axencia autonómica GAIN, Patricia Argerey, quen foi a encargada de presentar o polo aeroespacial galego ante especialistas de todo o planeta.
Segundo fixo saber, “é unha excelente oportunidade para que as empresas que participan en Civil UAVs establezan contactos comerciais e poidan identificar as tendencias tecnolóxicas e coñecer as últimas novidades que xa están no mercado”.
Amais de presentar as potencialidades do centro das Rozas (Lugo), déronse a coñecer (no marco do programa educativo da feira) as liñas de traballo de BFAero, a aceleradora galega especializada no sector aeroespacial, que está arrincando a súa primeira edición, co obxectivo de “crear e acelerar compañías innovadoras na cadea de valor do sector aeroespacial en Galicia capaces de captar, atraer e reter talento”.
Amais de todo isto, a delegación galega, formada por unhas 30 persoas, está a visitar stands de empresas e países como China, Francia ou Dinamarca.
As entidades que asisten (ata hoxe 2 de maio) á Xponential 2019 son as multinacionais Indra, Babcock e Boeing (socias da Xunta de Galicia na Civil UAVs), as empresas galegas Marine Instruments, Ceres Gestión Sectorial, Cartogalicia, Proyestegal, Análisis y soluciones de ingeniería, Aerolugo, Cinfo, Centum, Soluciones y sistemas de información (Sixtema) e os centros tecnolóxicos Gradiant e ITG.
A feira Xponential, segundo informa GAIN, “constitúe o principal punto de encontro a nivel internacional para o sector dos sistemas non tripulados aéreos, terrestres e marítimos”. Está organizada pola Asociación para Sistemas Non Tripulados Internacional (AUVSI, nas súas siglas en inglés) e chega este ano á súa 47 edición. Na pasada edición, visitaron o evento 8.500 persoas e contou con máis de 700 expositores.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?