Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A provincia de Pontevedra acolle en maio 42 novos cursos de transformación dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A provincia de Pontevedra acolle en maio 42 novos cursos de transformación dixital

Redacción
Publicado: 03/05/2019
10 Min de Lectura
Compartir
10 Min de Lectura

smartpeme-5.jpgSmartPEME, o programa de capacitación tecnolóxica para PEME, profesionais e autónomos da Deputación de Pontevedra, volve este mes de maio con novas actividades dirixidas a facilitar a dixitalización e a competitividade. Para a comarca de Vigo, estamos a falar de 21 accións formativas a desenvolver nas oficinas de SmartPEME en Ponteareas, Vigo e Porriño. A estas actividades cómpre sumar as sete previstas para a oficina de Pontevedra (sede Deputación), as sete de Cambados e as sete de Lalín. En total, 42 obradoiros, aos que seguramente se engadan novas actividades en Barro. As inscricións pódense facer no número de teléfono 886 20 20 20, o correo electrónico info.smartpeme@depo.es ou a páxina web www.smartpeme.depo.es.
Todas estas citas teñen o nexo común de facilitar “a adaptación das empresas e proxectos emprendedores da provincia ao novo escenario dixital no que desenvolver as súas actividades e aproveitar as ferramentas existentes co obxectivo de aumentar a súa competitividade”.
As quendas para o mes de maio na oficina de Vigo comezan o martes, 7 de maio, ás 19 horas, con Aprende a usar correctamente Facebook para empresas. A seguinte acción será Desenvolve a túa propia estratexia de e-mail márketing, o xoves desa mesma semana á mesma hora. O curso Obtén valor dos teus datos con Google Data Studio chegará a Vigo o martes 14, ás 18 horas. O martes 21 de maio, ás 19 horas, impartirase Fotografía para xoiería. O xoves desa mesma semana, tamén ás 19 horas, será a quenda de Vende produtos en liña con campañas de Google Shopping. O curso Copywriting aplicado a web e redes sociais chegará o martes 28 á mesma hora. E, para rematar, Empresas de actividades turísticas e plataformas de comercialización en liña terá lugar o xoves 30, ás 17 horas. A oficina SmartPEME de Vigo, na sede da Deputación da cidade, atópase na rúa Oporto, núm. 3.
Ponteareas acollerá os seguintes obradoiros: Ferramentas de Google para a promoción de negocios locais, o martes 7 de maio, ás 19 horas. O xoves 9, á mesma hora, terá lugar Fotografía os teus produtos ou servizos para as redes sociais. O martes da seguinte semana, tamén ás 19 horas, impartirase Crea a túa presentación comercial en menos de 90 minutos. A seguinte será Crea a túa tenda en liña con Prestashop, o martes 21, ás 18 horas. A quenda de Mellora a túa presenza online promovendo as entradas do teu blog será o xoves 23 de maio, ás 19 horas. Por outra banda, o martes 28, ás 17 horas, terá lugar o obradoiro Motores de reservas para empresas turísticas. E, xa por último, o xoves 30, ás 19 horas, Aprende a elixir as palabras clave para a túa estratexia SEO e SEM será a acción que impartirá o persoal do programa. A oficina SmartPEME de Ponteareas, no Centro de Desenvolvemento Local, atópase en Lomba do Cruceiro, núm. 5.
smartpeme-vigo-2.jpgPolo que respecta á oficina do Porriño acollerá os seguintes obradoiros: iniciouse este xoves 2 de maio, ás 19 horas, co curso Coñece as tendencias en economía dixital: Impresión 3D e robótica. O obradoiro Desenvolve a túa propia estratexia de e-mail márketing chegará o martes 7, á mesma hora. O xoves desa mesma semana, ás 17 horas, impartirase Empresas de actividades turísticas e plataformas de comercialización en liña. A acción Deseña e crea as túas imaxes para preimpresión e medios dixitais terá lugar o martes 14, tamén ás 19 horas. O martes 21 de maio, ás 18 horas, chega Crea a túa tenda en liña con Prestashop. O xoves 23, ás 19 horas, impartirase o curso SEO Local: Como ser un dos tres elixidos de Google. E, por último, o martes 28 de maio, tamén ás 19 horas, terá lugar O teu plan de marketing dixital paso a paso. A oficina SmartPEME do Porriño, no multicentro do Concello, atópase na rúa Ribeira, s/n.
A primeira cita do mes na oficina de Lalín foi este xoves 2 de maio, ás 19.horas, e tratou de Fotografía para turismo: As liñas do espazo. O martes 7 de maio, ás 19 horas, desenvolverase o obradoiro Crea a túa presentación comercial en menos de 90 minutos. A terceira cita será o xoves 9 de maio, ás 19 horas, cun curso sobre Desenvolve a túa propia estratexia de e-mail márketing. O martes 14 de maio levarase a cabo, ás 17 horas, As vantaxes de Instagram para a promoción do seu establecemento turístico. O martes 21 de maio haberá, ás 19 horas, un obradoiro de Inbound Márketing. O xoves 23 de maio desenvolverase Obtén valor dos teus datos con Google Data Studio, ás 18:00 horas. Por último, o mércores 29 de maio, ás 19 horas, desenvolverase no viveiro de empresas da Estrada Aprende a usar correctamente Facebook para empresas.
A oficina SmartPEMEde Lalín, no viveiro de empresas situado no Polígono Lalín 2000, atópase na parcela E deste espazo e as inscricións pódense facer no número de teléfono 886 20 20 20, o correo electrónico info.smartpeme@depo.es ou a páxina web www.smartpeme.depo.es.
O primeiro dos cursos para Pontevedra será Fotografía de produto: todo o que debes saber, que se desenvolverá o martes 7 de maio, a partir das 19 horas. O seguinte será o xoves desa mesma semana, a partir das 19 horas, sobre Inbound Márketing. O terceiro curso será Todo o que precisas saber sobre Google apps for Business, que terá lugar o martes 14 de maio, ás 18 horas. Esa mesma semana, Pontevedra acollerá un curso de Mobile Márketing Turístico, ás 17 horas. O obradoiro Vende produtos en liña con campañas de Google Shopping chega o martes 21 de maio, ás 19 horas. O xoves 23 de maio terá lugar Mellora a túa presenza online promocionando as entradas do teu blog, ás 19 horas. Por último, o xoves 30 de maio, ás 19 horas terá lugar O teu plan de márketing dixital paso a paso.
A oficina SmartPEME de Pontevedra, no edificio administrativo da Deputación, atópase na Gran Vía de Montero Ríos, s/n e as inscricións pódense facer no número de teléfono 886 202 020, o correo electrónico info.smartpeme@depo.es ou a páxina web www.smartpeme.depo.gal.
O primeiro dos obradoiros para Cambados foi Inbound Marketing, que se desenvolveu este xoves día 2, a partir das 19 h. O martes 7 de maio, ás 17 horas, terá lugar Facebook para promover o teu negocio turístico. O seguinte será o xoves desa mesma semana, cando a partir das 19 horas terá lugar o curso Crea a túa presentación comercial en menos de 90 minutos. O cuarto curso será Desenvolve a túa propia estratexia de e-mail márketing, que terá lugar o martes 14, tamén ás 19 h. O martes 21, esta vez ás 18 horas, Cambados acollerá Todo o que precisas para saber sobre Google apps for Business. O obradoiro Fotografía para turismo: As liñas no espazo chega o martes 28, ás 19 h. Por último, o xoves desa mesma semana, á mesma hora, terá lugar o curso Vende produtos en liña con campañas de Google Shopping.
A oficina SmartPEME de Cambados, no Centro ExpoSalnés, atópase no paseo da Calzada, s/n e as inscricións pódense facer no número de teléfono 886 202 020, no correo electrónico info.smartpeme@depo.es ou a páxina web www.smartpeme.depo.gal.
Datos sobre o Proxecto SmartPEME
SmartPEME é un novo modelo de servizo orientado á mellora competitiva das PEME e á procura dunha melloría nas vendas e na eficacia e eficiencia das tarefas, que abre novos eidos de actuación e acada novos grupos de interese coma os emprendedores, as asociacións empresariais e os axentes de dinamización en concellos.
O devandito obxectivo, nas oficinas do Porriño, Cambados, Pontevedra, Lalín, Ponteareas, Vigo, A Estrada e Barro, abrangue as seguintes actividades: itinerarios de obradoiros temáticos con diversos niveis de dificultade adaptados ás necesidades das empresas, eventos de networking trimestrais coa participación de profesionais de prestixio, colaboración con asociacións e promoción de alianzas institucionais, especialización sectorial dos asesores en función das necesidades da súa área de influencia, kits de asesoramento en novas tecnoloxías a emprendedores, identificación e difusión das necesidades TIC aos provedores de solucións para as PEME e, tamén, impulso de novas carteiras de servizos de asesoramento.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?