Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As enxeñarías da UVigo impulsarán a industria do automóbil cun coche virtual
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As enxeñarías da UVigo impulsarán a industria do automóbil cun coche virtual

Redacción
Publicado: 06/05/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_coche_do_futuro.jpgAs escolas de enxeñaría da Universidade de Vigo van impulsar de maneira conxunta a transformación da industria do automóbil. E farano, entre outras cousas, construíndo un coche virtual con vistas a ensaiar o seu comportamento en diferentes circunstancias. A iniciativa, posta en marcha ao abeiro do programa Peer-Learning Experience, financiado por La Fondation Dassault Systèmes, busca crear unha comunidade internacional colaborativa de docentes formados no uso da ferramenta 3Dexperience, organizados en base a un grupo de universidades.
O profesor da Escola de Enxeñería Industrial Jorge Cerqueiro é o coordinador para a Uvigo desta iniciativa de tres anos de duración, que desenvolve a súa primeira fase entre xaneiro e xullo deste ano. O docente subliña que Vigo “é a única universidade galega na que se puxo en marcha un proxecto tan ambicioso que, máis aló da utilización do software 3Dexperience, diríxese a formar o alumnado, o persoal docente e as e os profesionais nas ferramentas que levarán a cabo a transición das empresas actuais cara a Industria do Futuro (Industry of the Future, IoF)”.
Xunto coa UVigo, no programa Peer-Learning Experience participan as universidades Politécnica de Madrid, Cantabria, Sevilla, Valencia, León e Mondragón, cada unha delas con proxectos sobre diferentes temáticas, como a fabricación intelixente, a fabricación aeronáutica, a simulación ou a enxeñaría de sistemas, entre outras.
No caso de Vigo, o proxecto centrarase no eido do motor e orientarase ao desenvolvemento intelixente mediante as técnicas colaborativas de deseño en 3D e da enxeñaría de sistemas de produtos que integran unha manchea de tecnoloxías (mecánica, electricidade, electrónica ou automática). Como dixemos, un dos alicerces da iniciativa é o uso conxunto do software 3Dexperience, que no caso concreto da UVigo servirá para construír modelos denominados “xemelgos dixitais”, que permitirán ensaiar o seu comportamento “en distintas situacións e circunstancias de funcionamento”. Os resultados destas simulacións poderanse comparar cos dos ensaios reais para afinar as súas variables. Desta maneira, as respostas serán “representativas” das do produto real, eliminando os tempos e custes derivados da elaboración de prototipos físicos para realizar ensaios de funcionamento.
Nos primeiros treitos do proxecto construiranse prototipos dixitais de produtos e sistemas automatizados do automóbil sinxelos, avanzando na complexidade nas etapas sucesivas, evolucionando progresivamente cara o modelo ou “xemelgo dixital” do vehículo na súa totalidade que permita realizar ensaios virtuais representativos do vehículo real a desenvolver.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?