Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Policía Local e os Bombeiros da Coruña usarán WhatsApp para superar eivas de comunicación oral
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Policía Local e os Bombeiros da Coruña usarán WhatsApp para superar eivas de comunicación oral

Redacción
Publicado: 07/05/2019
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20190507_rocio_fraga_whatsapp_policia_local_001.jpgA concelleira responsable de Seguridade Cidadá da cidade da Coruña, Rocío Fraga, presentou esta mañá o sistema que empregarán a Policía Local e os Bombeiros para atender as demandas e emerxencias das persoas xordas ou con dificultades para a comunicación oral a través de WhatsApp, encargándose a Sala do 092 de centralizar a recepción dos avisos, que se visualizan a través dunha pantalla e que se responden por un terminal de teléfono móbil que está aceso de maneira permanente.
A distribución do número de contacto farase en colaboración coas entidades que traballan na cidade neste ámbito xa que «ten que xestionarse co máximo coidado para que non se estenda a máis xente da que está destinado, dado que, doutro xeito, perdería a súa efectividade». «O teléfono só estará dispoñible para este colectivo, por iso a comunicación se fará dende as asociacións e así ter un rexistro das potenciais usuarias e usuarios do sistema e atender así coa maior rapidez e rigorosidade que é o que merece este servizo», indicou Fraga, quen quixo facer fincapé en que este sistema está limitado exclusivamente a este perfil de persoas, xa que, para o resto da cidadanía, «as vías oficiais de comunicación coa Policía Local e Bombeiros seguen sendo as de sempre, os teléfonos 092 e 080».
O vindeiro paso será reunirse coas entidades, que xa están informadas do sistema, para concretar o listado de persoas potenciais que accederán ao sistema, e tamén a busca de vías, a través da concellería, para achegar esta nova canle ás persoas con problemas de comunicación oral que non estean asociadas a estas entidades.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?