Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Minsait e Vector ITC debullan as cousas que pode facer a robótica pola nosa empresa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Minsait e Vector ITC debullan as cousas que pode facer a robótica pola nosa empresa

Redacción
Publicado: 07/05/2019
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20190507_icoiig_inteligenciaartificialrobitica_acoruna1.jpgO Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG) organizou hoxe na Coruña unha nova actividade de divulgación-formación tecnolóxica para os nosos profesionais, autónomos e empresas. Desta volta, a sesión xirou arredor das metodoloxías máis indicadas para incrementar a rendibilidade empresarial mediante a Intelixencia Artificial e a robótica colaborativa. A cita contou coa presenza de Vanesa Graíño Pazos, consultora científica na empresa Minsait (Indra), especializada en algoritmos de optimización comercial.
Graíño, no seu relatorio, explicou as vantaxes de empregar tecnoloxías intelixentes e de Machine Learning (aprendizaxe máquina) para tomar as mellores decisións no día a das empresas e os mercados nos que realizan a súa actividade. A relatora, que ten ampla experiencia en investigación de algoritmos de patróns temporais, expuxo casos concretos nos que as compañías obtiveron claras melloras mediante métodos informatizados de preparación de pedidos, control de existencias, aprovisionamentos ou validación de votos no comercio electrónico.
Na xornada de hoxe tamén interveu David Sánchez Canzobre, consultor júnior encargado de desenvolvemento de software de xestión de almacéns informatizados en Vector ITC, quen explicou as dinámicas de funcionamento de contornas de traballo nas que se atopan robots e como estes “están programados para traballar de xeito conxunto cos traballadores”. O relator, que traballa no desenvolvemento de software para a xestión de almacéns automatizados, fixo un percorrido polas vantaxes das tecnoloxías smart nunha empresa, que axilizan procesos e acurtan os tempos das tarefas produtivas e non produtivas nunha manchea de ámbitos, incluídos a hostalaría e o comercio, por citar dous grandes eidos produtivos da nosa terra. Tamén salientou outra das grandes vantaxes das tecnoloxías IA nunha empresa: o aumento da rendibilidade e a comodidade no traballo.
124 accións nos vindeiros meses
A actividade deste 26 de abril en Santiago enmárcanse nun intenso calendario de 124 accións coas que o ICOIIG chegará ás sete principais cidades galegas ata o próximo mes de setembro. Todas elas son de acceso libre e de balde para todas as empresas interesadas.
Esta campaña divulgativa afondará en aspectos como a forma de sacarlle proveito á realidade aumentada, as oportunidades da impresión 3D, as solucións que permite a análise da información a gran escala (Big Data) o desenvolvemento da mercadotecnia dixital, a Intelixencia Artificial, a robótica, a dixitalización dos almacéns coa loxística 4.0, a aplicación da tecnoloxía blockchain aos negocios, as contribucións do uso de drons nas empresas ou a utilidade da ciberseguridade ante os riscos dixitais.
As Oficinas de Transformación Dixital postas en marcha en toda España polo Ministerio de Economía e Empresa, a través da entidade pública Red.es, contan cun orzamento global de cinco millóns de euros. As actuacións a realizar serán financiadas con cargo ao Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE), Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) do período de programación 2014-2020 e baixo a lema Unha maneira de facer Europa que ten entre os seus obxectivos mellorar o uso, a calidade e o acceso ás Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?